O Pleno da Corporación Municipal con data 31 de marzo de 2008 acordou incluír no rueiro da cidade de Vigo nomes de mulleres que foron represaliadas, nalgúns casos ata a morte, polo réxime derivado da sublevación militar de 1936.
A Corporación Municipal acolleu propostas de colectivos e organizacións que pretenden contribuír á recuperación da memoria histórica e, á vez, homenaxear a mulleres que poden simbolizar a loita social e política para conseguir unha sociedade mais xusta e democrática.
As rúas que incorporan nomes de mulleres homenaxeadas son:
1. “Ángela Iglesias Rebollar” no Barrio de Teis
2. “Rosario Hernández Diéguez (A Calesa)” na zona da Travesía de Vigo
3. “Carmen Miguel Agra” na zona da Travesía de Vigo
4. “Margarita Bilbatúa Zubeldía” no PERI de Barreiro
5. “Urania Mella Serrano” no PERI de Barreiro
6. “Mercedes Núñez Targa” no Barrio de Pardaíña-Rocio (Bouzas-Coia)
A Concellería de Cultura e Animación Sociocultural promove un acto de Memoria Historia e recoñecemento conxunto para as 6 mulleres homenaxeadas, na rúa Mercedes Núñez Targa (rúa Tomas Paredes esquina rúa Sil, Pardaiña-Rocio), o día 7 de febreiro ás 12 horas. No acto intervirán unha representación da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 e do Colectivo Violeta, un representante das familias das mulleres homenaxeadas e o Tenente de Alcalde, Santiago Domínguez.
No hay comentarios :
Publicar un comentario