As 12 da mañá do día 7 de febreiro do 2009 no barrio do Rocio , Bouzas, arrancando da rúa tomás Paredes, inagurouse unha rúa de nova costrución co nome de Mercedes Núñez. A inauguración fixose extensiva a cinco máis en distintos puntos da cidade:Barreiro, Travesia de vigoe Teis. O nome delas son: Urania Mella e Margarita Bilbatúa en Barreiro;Carmen Miguel na Tva de Vibo; Ángela Iglesias Rebollar, en Teis;e Rosario Hernández (A Calesa) en …
BREVE BIOGRAFÍA:
*MERCEDES NUÑEZ
Barcelona 1911-Vigo 1986. Filla de pai galego, foi segredaria de persoal de Pablo Neruda cando él foi cónsul, condecorada en 1960 polo presidente fracés Charles Degaulle coa “Legión de Honor”.
*URANIA MELLA
Vigo 1901-Lugo 1945. Neta e filla de pensadores anarquistas e familia acomodada (o seu pai era Ricardo Mella), foi detida e condenada a morte por organizar barricadas e distribuir armas a resistencia.
*MARGARITA BILBATÚA
Pertence a familia bilbatúa, masacrada no albor da represión franquista. Margarita fuxiu a Francia despois do asesinato de tres irmans e logo foi a México onde acabou traballando nuha fabrica de roupa.
*CARMEN MIGUEL ÁGRA
Vigo 1913-1937. Natural do barrio de Canadelo baixo, partencia as Juventudes socialistas. Co seu home Ánxel Nogueira, presidente do sindicato de Oficinistas, e xerente dunha conserveira, morreo no pesqueiro bou EVA.
*ÁNGELA IGLESIAS REBOLLAR
Natural de A guarda, vivia na casa número 101 do barrio do Toural, Teis. Na súa casa acubillaba a fuxidos naquel tenebroso1936, o que lle costou enfrontarse coa falanxe e a garda Civil que lles arrodearon a casa, sacaronlle os mobles e plantaronlle lume. Os tres homes conseguiron fuxir pero o matrimonio, despois de masacralos levaronos a Guia e fusilaronos .
*ROSARIO HERNÁNDEZ (A CALESA)
Era vendedora de periódicos, abandeirada de manifestacións de esquerda e vivia na rúa do Pino. Os seus familiares superon que a tiraron o mar. Os escasos textos que falan dela din que os seus verdugos levarona a Cíes.
No hay comentarios :
Publicar un comentario