15 de enero de 2014

Estimada Mª José ... recuerda que aunque a veces hay malas experiencias, nunca debes retroceder ni rendirte, quien persevera alcanza.
Joan Busquets i Verges. Exmaqui libertario del Berguedá 28/12/2013
"Muero contento, porque equivocado o no, muero por una idea" Manuel Barreiro dos días antes de ser fusilado 12/3/1939


viernes, 6 de febrero de 2009

O Proxecto de Investigación "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares" organiza a conferencia do historiador Gabriele Ranzato en Compostela 11/2/09

O día 11 de febreiro de 2009, o profesor e investigador da Facultad de Filosofía y Letras de Pisa Gabriele Ranzato, impartirá a conferencia titulada “A guerra civil de 1936 entre presente e pasado”, na Facultade de Xeografía e Historia da USC, organizada polo Proxecto de Investigación Interuniversitario “As vítimas, os nomes, as voces e os lugares”.

Os seus principais temas de estudo son o clientelismo e a modernización do comportamento electoral, a historia da violencia e das guerras civís, e está considerado como un dos máximos coñecedores da historia española do século XX e concretamente na historia da II República e da Guerra Civil. Deste xeito, ten participado e dirixido varios congresos e seminarios científicos sobre distintas etapas da historia de España. Así mesmo, é autor de numerosos artigos en revistas italianas e estranxeiras entre os que destacan os aparecidos na revista Ayer promovida pola Asociación de Historia Contemporánea.

En setembro de 2005 foi galardoado pola Società Italiana per lo Studio della Storia Contemporanea co premio á mellor obra de 2004 polo seu libro L'eclisse della democrazia. La guerra civile spagnola e le sue origini. 1931-1939 considerado como a mellor obra de argumento histórico contemporáneo publicado no ano 2004.

Dita conferencia trátase dunha iniciativa máis das desenvolvidas desde o Proxecto de Investigación Interuniversitario “As vítimas, os nomes, as voces e os lugares”, que ten entre un dos seus fins máis destacados a colaboración con investigadores e especialistas que estean a estudar a represión franquista e a Guerra Civil, e que de xeito tanxencial, contribúan ao estudo do caso galego, como neste caso é o do docente, investigador e ensaista italiano, Gabriele Ranzato.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++