O día 6 de marzo estrearase en Rianxo (A Coruña), o documental titulado "Esta noite, velada", do realizador e investigador Antón Caeiro
O filme foi realizado para a conmemoración do 75 aniversario da creación do grupo de teatro "Airiños de Asados". O documental ten unha duración de 45 minutos e está relatado na súa totalidade polos integrantes e ex-integrantes do grupo e algún dos espectadores que asistiron a aquela primeira velada de 1933. Está contextualizado na República, a Guerra Civil e a dictadura, até a chegada da democracia, percorrendo unha actividade profesional determinada pola censura e a rebeldía destes actores, que se propuxeron representar sempre as súas obras en galego.
"Airiños de Asados" ven a ser o grupo de teatro máis antigo en activo hoxe en día.
No hay comentarios :
Publicar un comentario