15 de enero de 2014

Estimada Mª José ... recuerda que aunque a veces hay malas experiencias, nunca debes retroceder ni rendirte, quien persevera alcanza.
Joan Busquets i Verges. Exmaqui libertario del Berguedá 28/12/2013
"Muero contento, porque equivocado o no, muero por una idea" Manuel Barreiro dos días antes de ser fusilado 12/3/1939


domingo, 15 de febrero de 2009

A memoria das voces

Mario Regueira analiza os libros presentados nas últimas semanas sobre Benedicto e Miro Casabella.

Mario Regueira -14/02/2009 É sabido que os movementos da canción protesta dos 60 e 70 sufriron os seus propios procesos de marxinación e esquecemento, especialmente aqueles que tentaron ser feitos en linguas minorizadas. Porén, vascos e cataláns conservaron até hai pouco a vixencia musical e testemuñal dalgunhas das figuras que formaran en tempos Els Setze Jutges e Ez dok amairu, e apesar do ocaso e desaparición destes movementos podían dar por boa a experiencia e desfrutar de músicos como Lluís Llach ou Mikel Laboa. Fronte a isto o equivalente galego foi completamente arrasado polo tempo, probabelmente pola acción da súa propia precariedade, pero tamén con sombras de liortas internas. Apenas Suso Vaamonde e Miro Casabella continuaron algo semellante a unha carreira musical propia, nos dous casos con similares ou maiores dificultades que na etapa precedente.
O reflexo do colectivo en publicacións foi practicamente nulo durante moitos anos. Até os dous libros que nos ocupan, a única obra publicada, aparte dalgúns artigos, era Voces Ceibes de Vicente Araguas, editada por Xerais no ano 1991, a medio camiño entre a crónica e libro de memorias. Tamén o recompilatorio Noticia da Nova Canción Galega, dirixido por Suso Vaamonde, merece unha mención especial, pois recollía as primeiras gravacións realizadas por membros do grupo.

Porén, a verdadeira recuperación do legado de Voces Ceibes chegou, probabelmente, da mao dun momento tecnolóxico distinto, e protagonizado por páxinas web, máis que por proxectos editoriais ou discográficos. Labouras de recuperación como as levadas a cabo por Ghastas Pista, ou a primeira etapa d'A Regueifa, que chegou a publicar no seu netlabel un concerto de Benedicto e Bibiano. Este interese completouse nas páxinas persoais dos propios protagonistas, como o caso de Benedicto ou Bibiano, alentando á "pirataría" ou disponibilizando directamente discos que levaban máis de trinta anos sen editarse. Finalmente a día de hoxe, a práctica totalidade do catálogo de Voces Ceibes pode ser atopado na rede a un par de golpes de buscador, feito este que devolve tamén o seu legado cultural ás novas xeracións, tras tantos anos sepultado. Unha nova vixencia que non podía pasar desapercibida para o mundo editorial, que da mao das dúas grandes editoras lle dá a súa cumprida resposta....

No hay comentarios :

Publicar un comentario

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++