15 de enero de 2014

Estimada Mª José ... recuerda que aunque a veces hay malas experiencias, nunca debes retroceder ni rendirte, quien persevera alcanza.
Joan Busquets i Verges. Exmaqui libertario del Berguedá 28/12/2013
"Muero contento, porque equivocado o no, muero por una idea" Manuel Barreiro dos días antes de ser fusilado 12/3/1939


martes, 16 de junio de 2009

Actos de entrega do premio Vidal Bolaña das Redes Escarlata ao IEM en Gondomar (Pontevedra)

Amigos e amigas do IEM

GONDOMAR: ENTREGA DO PREMIO VIDAL BOLAÑO AO IEM Auditorio Lois Tobío de Gondomar, ás 12,30 horas do sábado, 20 de xuño.

O sábado, día 20 de xuño, a partir das 12,30 horas terá lugar no AuditorioLois Tobío de Gondomar, o acto de entrega do Premio Roberto Vidal Bolaño que a asociación sociocultural REDES ESCARLATA outorga nesta súa sextaedición, ao IEM – INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORANOS.

Este premio concédese anualmente en recoñecemento do labor e datraxectoria de persoas ou colectivos que merecen representar os idearios da Comuna e os da República Galega, basicamente coincidentes. É tamén unhahomenaxe persistente á memoria do autor teatral Roberto Vidal Bolaño.

PROGRAMA

Baixo a presidencia de Antonio Araúxo Quintas, alcalde de Gondomar, epresentado polo escritor Anxo Angueira, desenvolverase o acto de entregaco seguinte Programa:

12,30 horas. Representación de “UNHA HISTORIA DA LINGUA”, a cargo dasalumnas e alumnos do Colexio da Cruz, de Camos (Nigrán). Unha idea de Pilar Barreiro.

13,15 horas. Recital poético das Redes Escarlata.

13,30 horas. Laudatio, exposición dos motivos do premio, pola escritora e ceramista Elvira Riveiro. Entrega do premio e palabras de Carlos Méixome,director do IEM.
14,00 horas. Clausura do acto a cargo do sr. Alcalde de Gondomar.A continuación terá lugar un xantar de confraternidade no Restaurante ROCAMAR, en Baiona. O prezo: 26 Euros e o MENÚ: Croquetas, luras, polbo,empanada. Xarrete estufado. Lingua queimada. Café e licores. Viño: RibeiroViña Reboreda. Como temos que encargar o xantar con anterioridade prégolleás persoas interesadas en asistir a este XANTAR DE CONFRATERNIDADE fagadesa vosa reserva, ben en resposta a este correo ou ben no 680 644 490Tras o xantar o IEM organiza unha ruta pola serra da Groba, previamente visitarase o monumento aos asasinados na Volta dos Nove. (Haberá autobús)
Saúdos

No hay comentarios :

Publicar un comentario

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++