15 de enero de 2014

Estimada Mª José ... recuerda que aunque a veces hay malas experiencias, nunca debes retroceder ni rendirte, quien persevera alcanza.
Joan Busquets i Verges. Exmaqui libertario del Berguedá 28/12/2013
"Muero contento, porque equivocado o no, muero por una idea" Manuel Barreiro dos días antes de ser fusilado 12/3/1939


miércoles, 17 de junio de 2009

O BNG denuncia o peche da web anodamemoria.com







O BNG DENUNCIA QUE O PECHE DA WEB DE RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA POR PARTE DA CONSELLARÍA DE CULTURA "CONSTITÚE UN NOVO CASO DE CENSURA E CINISMO POLÍTICO DO PP"

Ana Pontón advirte de que "todo indica que o PP vai suprimir todas as liñas de apoio á recuperación da memoria histórica no noso país"

Santiago de Compostela, 16 xuño 09.- A portavoz do BNG na Comisión de Cultura do Parlamento Galego, Ana Pontón, denuncia que o peche por parte da Consellaría de Cultura da súa propia web de recuperación da memoria histórica –www.anodamemoria.com- "constitúe un novo caso de censura e cinismo político do Partido Popular".

A deputada nacionalista lembra que "o PP votou a favor na pasada lexislatura dunha Proposición non de Lei do BNG condenando o franquismo". Neste sentido, cualifica de "cinismo político que agora a Consellaría de Cultura queira silenciar ao conxunto da sociedade galega esta etapa, pretendendo condenar ao esquecemento a todas as persoas que sufriron represión e mesmo pagaron coas vidas por defender as súas ideas".

"Todo indica que o PP vai romper con todas as liñas de apoio á recuperación da memoria histórica"

Ademais, Ana Pontón considera "lamentábel que a Consellaría de Cultura non teña posto en marcha ningún proxecto e únicamente se dedique a destruír o que se fixo na pasada lexislatura".
"Todo indica que o PP vai romper con todas as liñas de apoio á recuperación da memoria histórica no noso país", advirte a deputada do BNG.

Ante esta situación, a portavoz do BNG na Comisión de Cultura anuncia que esixirá responsabilidades polo peche da web do Ano da Memoria e solicitará que se manteñan as liñas de axudas para a recuperación da memoria histórica en Galiza.

SAÚDOS: Gabinete de Prensa do BNG.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++