15 de enero de 2014

Estimada Mª José ... recuerda que aunque a veces hay malas experiencias, nunca debes retroceder ni rendirte, quien persevera alcanza.
Joan Busquets i Verges. Exmaqui libertario del Berguedá 28/12/2013
"Muero contento, porque equivocado o no, muero por una idea" Manuel Barreiro dos días antes de ser fusilado 12/3/1939


martes, 20 de enero de 2009

Presentación de 'A represión franquista en Oleiros'

A Casa do Pobo de San Pedro de Nós acolle a presentación do libro 'A represión franquista en Oleiros (1936-1950), de Carlos F. Velasco Souto. Estarán presentes o propio autor, Emilio Grandío e Xan Arias. 23.01.2009 20:00 h. (A nosa Terra Diario)

XORNAL.COM- 20 de enero de 2009- A Coruña
O autor rememora o cruel levantamento militar do 36, que desencadenou represión, sufrimento, falta de liberdades individuais e colectivas, e silencio, no concello de Oleiros, así como en toda a Galiza e no resto do Estado.

Eis o repto da obra ''A represión franquista en Oleiros (1936-1950)'' de Carlos F. Velasco Souto, alzar a voz perante o silenciamento que aínda hoxe sofren moitos fillos e fillas, netos e netas, e moitos e moitas familiares daquelas persoas que un día defenderon os dereitos da cidadanía e pagaron un alto prezo por iso, e mesmo daquelas persoas que viviron unha vida segada pola filosofía do medo que toda ditadura leva implícita. Sete décadas pasaron xa, sete décadas daquela terríbel data en que a represión comezou a ser exercida como nunca na nosa Galiza. Sete décadas daquel fatídico ano en que as persoas perseguidas, as persoas que tiveron que exiliarse, as que foron asasinadas, as que foron encarceradas, depuradas, etc., foron lexión, formando un exército de dignidade fronte á violencia que botaba por terra un goberno lexítimamente constituído.
Mais chegou o tempo de poder falar libremente, de pronunciar os seus nomes, de recoñecer a súa loita e a súa resistencia, de dicir que queremos saber a verdade desde o noso dereito e a nosa responsabilidade. E así debe ser porque a recuperación da nosa memoria é un acto de xustiza social e histórica coas persoas que quixeron construír un país en liberdade, unhan mostra de que somos unha sociedade que quer resolver as súas débedasn históricas desde o diálogo e a práctica democrática.
Pasaron setenta anos, unha longa noite de pedra, si, mais hoxe é tempo de traer ao presente os nomes das persoas represaliadas, de lembrar as súas biografías, de condear a brutal represión, de agradecer, en definitiva, a dignidade de tantos homes e mulleres que viron truncadas as súas vidas pola morte, a persecución, o cárcere ou o exilio. Este volume serve, por tanto, para compartir experiencias, para profundizar nas formas de convivencia pacífica e trasladar a todos e todas a riqueza que significa sermos capaces de colocar por fin esas persoas no lugar do mundo e da historia que merecen.

O Autor: Carlos F. Velasco Souto (Tomeza, Pontevedra, 1958) é doutor en Xeografia e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor titular deHistoria Contemporánea na Universidade da Coruña. Investigador especializado en temas de historia social da Galiza, é autor de varios libros e numerosos artigos en revistas especializadas...

No hay comentarios :

Publicar un comentario

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++