15 de enero de 2014

Estimada Mª José ... recuerda que aunque a veces hay malas experiencias, nunca debes retroceder ni rendirte, quien persevera alcanza.
Joan Busquets i Verges. Exmaqui libertario del Berguedá 28/12/2013
"Muero contento, porque equivocado o no, muero por una idea" Manuel Barreiro dos días antes de ser fusilado 12/3/1939


viernes, 23 de enero de 2009

A ONU considera que hai probas de que Israel cometeu crimes de guerra

[GZnación / Redacción / 23 Xan 09]
O relator especial da ONU sobre Dereitos Humanos nos territorios ocupados de Cisxordania e a Franxa de Gaza, Richard Falk, afirmou onte que “existen probas de que Israel cometeu crimes de guerra durante a súa ofensiva na Franxa de Gaza” e avogou por unha investigación independente sobre este asunto.

Na súa opinión, a angustia que sufriron os civís por mor dos ataques foi tan grande que todos os habitantes da Franxa poderían considerarse como vítimas do conflito.

Falk, que participou por teléfono nunha rolda de prensa celebrada en Xenebra na que incidiu na necesidade de iniciar unha investigación independente sobre se as probas que indican que Israel violou o Dereito Internacional Humanitario revelan tamén que cometeu crimes de guerra. Así declarou que cría "que existe un caso ‘prima facie' para chegar a esa conclusión", asegurou utilizando un termo xurídico que fai alusión a unha proba que, se non é refutada, é suficiente para probar un asunto ou un feito particular.

O investigador da ONU acusou a Israel de non esforzarse suficientemente para permitir que os civís fuxisen dos enfrontamentos. "Pechar á xente nunha zona de guerra é algo que evoca os peores recordos internacionais do Gueto de Varsovia e os asedios que ocorreron involuntariamente durante un período en tempo de guerra", asegurou Falk en referencia á morte por inanición e o asasinato de xudeus de Varsovia por parte da Alemaña nazi na Segunda Guerra Mundial.

Falk declarou que "polo menos poderían haberse tomado precaucións temporais para que os nenos, as persoas con discapacidade e os civís doentes puidesen marcharse, até se onde se ían a dirixir era ao sur de Israel". O relator recalcou que ao atoparse todos os gazacíes atrapados nunha zona de guerra da que non podían saír como refuxiados, poderían quedar afectados psicoloxicamente para sempre. Se así fóra, a definición de vítima podería ampliarse a toda a poboación da Franxa, agregou.

Falk, a quen se lle prohibiu a entrada a Israel dúas semanas despois de que comezase a ofensiva o pasado 27 de decembro, rexeitou o argumento de Israel de que o motivo da operación militar era defenderse dos foguetes que lanzan os milicianos palestinos ao seu territorio desde Gaza. "Ao meu xuízo, a Carta da ONU e o Dereito Internacional non dan a Israel unha base legal para alegar defensa propia", sentenciou.

Máis de 1.300 palestinos, moitos deles civís, morreron durante a ofensiva, e máis de 5.000 resultaron feridos. Ademais, faleceron dez soldados e tres civís israelís, estes últimos por mor dos ataques con foguetes.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++