O ano 2008 foi declarado institucionalmente por parte do Concello de Sada como o ano dos Irmáns Suárez Picallo. Coa finalidade de dar a coñecer as traxectorias destes dous sadenses ilustres, Ramón e Xohán Antón, creouse unha comisión encargada de organizar unha serie de actos.
Nesta ocasión, o venres día 16 de xaneiro de 2009, inaugurase a exposición "Irmáns Suárez" está composta por diferentes paneis temáticos: dez paneis biográficos, seis dedicados ás tres grandes etapas vitais de Ramón Suárez Picallo (a infancia e a emigración a Arxentina, a II República e a Guerra Civil e o exilio), dous nos que se reflicte a súa relación emocional coa súa Sada natal, e outros dous nos que se recolle a biografía do seu irmán Xohán Antón, galeguista e agrarista asasinado no 1936.
Dita mostra permanecerá no Ateneo Ferrolán (2ª planta) até o día 30 de xaneiro de 2009.
No hay comentarios :
Publicar un comentario