No verán de 1936 produciuse unha sublevación militar de caracter fascista que pretendía e que conseguiu, tras tres anos de resistencia, e coa axuda militar da Alemaña de Hitler e da Italia de Mussolini, impoñer unha ditadura sobre a persecución de toda idea liberal, democrática e socialista. Setenta anos despois seguimos debatendo que facer cos restos dos que aínda xacen nas fosas comúns, esquecidos, descoñecidos, agachados a todo coñecemento histórico, científico.
Como investigador da historia da guerra civil en Galicia reclamo as maiores facilidades para o coñecemento do que pasou e para a súa divulgación. Penso que os mortos, as vítimas (máis de catro mil en Galicia) daquel xenocidio por razóns ideolóxicas, non só pertencen aos familiares, son de toda a sociedade, polo que a procura das fosas, a súa excavación, a exhumación, a análise histórica e antropolóxica, non poden depender en exclusiva da iniciativa das familias dos desaparecidos nin da decisión política dos dirixentes dunha comunidade autónoma, ou menos aínda dun xuíz de instrucción. O dereito a coñecer o pasado debe de estar por riba dun labirinto de decisións persoais, polo que o Goberno ten que tomar a iniciativa de facilitar a investigación das fosas sen que medien intermediarios que aproveiten a confusión legal para impedir que a sociedade faga efectivo o seu dereito a coñecer o pasado.
O auto do xuíz Garzón de 16 de outubro sinalaba con acerto que os vencedores da Guerra Civil desplegaron toda a acción do Estado na posguerra para a localización, identificación e reparación das vítimas da parte vencedora, polo que hoxe os vencidos (os perseguidos, encarcerados, desaparecidos e torturados por quen crebou a legalidade levántandose en armas) seguen sendo discriminados polo Estado ao non recibir o mesmo trato e consideración. O escrito referido tén o valor de definir por primeira vez na xurisprudencia española o levantamento militar como ilegal, programado para a destruión dun estado democrático e constitucional, que desenvolveu un proceso de exterminio ao mesmo tempo que a Guerra Civil, no que produciu crimes de guerra e contra a humanidade.
Garzón sinala que para deter a comisión deses delictos e dos seus efectos é preciso buscar os corpos dos desaparecidos, ou ofrecer razón do seu paradeiro por parte das autoridades públicas depositarias desa información, decisión que deben tomar de oficio, sen agardar iniciativa por parte interesada. Parece que o Goberno español non está polo labor. Poñamos por caso o achádego dunha fosa común da 2ª Guerra Mundial en Europa, ¿seria necesario todo un rosario de decisións de familiares das vítimas, cando se descoñecen a priori as identidades, de órganos xudiciais ou de autoridades políticas para investigar o seu contido?
Non estou negando os dereito das familias a recuperar os restos dos represaliados, ninguén o pode negar, pero si afirmo que a moitos dos que xacen nas fosas non teñen identidade coñecida polo que poñer como condición necesaria para a súa exhumación que sexa solicitada por familiares é unha trampa, ao impedir aos investigadores dar a coñecer a historia, e á sociedade acceder ao seu coñecemento. Por outro lado este dereito non pode quedar á libre decisión de autoridades políticas, os dereitos dos cidadáns e da sociedade non temos que conseguilos a forza de pelexar contra vontades persoais, aínda que detenten o poder político ou xurídico, nin deberían depender da iniciativa privada, a única que ata agora se compremeteu nesta loita.
Refírome ao traballo incansable e admirable das organizacións de voluntarios da recuperación da memoria histórica, para que non se deran casos como o narrado nesta notica: "Achados 36 esqueletos exhumados dunha foxa común da Guerra Civil na localidade de Singra, Teruel, apilados en caixas de cartón na antigua escola do municipio. A asociación Pozos de Caudé que promoveu a súa exhumación, abandonounos despois de que os exames forenses confirmasen que non eran as persas que buscaban. O Concello de Singra pidelles que se fagan cargo deles@. Ao parecer eran os restos de soldados dos dous bandos, que agora ninguén quere
No hay comentarios :
Publicar un comentario