15 de enero de 2014

Estimada Mª José ... recuerda que aunque a veces hay malas experiencias, nunca debes retroceder ni rendirte, quien persevera alcanza.
Joan Busquets i Verges. Exmaqui libertario del Berguedá 28/12/2013
"Muero contento, porque equivocado o no, muero por una idea" Manuel Barreiro dos días antes de ser fusilado 12/3/1939


martes, 20 de enero de 2009

Pazos coma foxos

ANA RODRÍGUEZ “A consellería de Cultura, ademáis de Cidade de Eisenman, dos mojitos cubanos e das rifas con David Cal, preocupouse tamén de asumir a exhumación das vítimas do franquismo...”

Sábado, 17 de enero de 2009
-Estimado Xaime: Perdoa as miñas ausencias, pero caín na horta e esnaquicei unha perna. Pensei que non era nada, pero o xeonllo non daba sanado, ata que descubrín que tiña unha semente, o inzo dunha mala herba, crecendo xa entre sangue e ligamentos. É case escatolóxico pero demostra que unha ferida non pecha se algo lle rebule dentro. Por iso está ben que os ósos saian dunha vez dos foxos e que, de paso, sexa desenterrada a dignidade dos represaliados. A asociación pola Memoria Histórica faráo con fusilados de Mondoñedo, O Pino, Ames e Pontevedra e non van quedar aí. A consellería de Cultura, ademáis da Cidade de Eisenman, dos mojitos cubanos e das rifas con David Cal, preocupouse tamén de asumir a exhumación das vítimas do Franquismo, unha labor que ata agora tiña que levar a cabo, con atrancos, a sociedade civil. Xa hai localizadas vinteséis fosas.

-Querido Quintanilla: Tantas vítimas dis que houbo en Galicia? Tiña idea de que vos acoplárades con gusto ó Movimiento Nacional, non como os capitalinos madrileños, tan resistentes, tan republicanos. Mesmo agasallastes un pazo ó caudillo. Pero agora vos poñedes teimudos ata “forzar” ó PP a apoiar a memoria histórica e acabades cos bodorrios e cos veraneos que tanto xogo daban no pazo de marras. Xúroche que non sei a conto de qué ven remover tanta conciencia soterrada trinta anos despois de deixalo amañado na Transición.

-Amigo Xaime: O de Meirás é máis “memoria” que papel cuché. Moitos entregaron –qué remedio– os pesiños para o regalo e outros –estímase que sete mil entre o 36 e o 50– a vida. Garzón, que conseguíu coa súa iniciativa xudicial que xa non haxa volta atrás, ten na súa lista de represaliados a 4.396 galegos. Fixeron falla tres décadas de Democracia para que as familias superaran o medo e a vergoña e reclamaran xustiza. O historiador Xosé Manuel Suárez incorpora nun dos seus libros esta mensaxe manuscrita de despedida dun condeado de Mugardos: “voy a morir inocente, por lo tanto de nada tenéis que avergonzaros”. Amañado, como dis, non sei se quedou no 78 pero un amaño, si que foi.

P.D.: Eu mesmo sigo entre os croios desta fosa común, en Canido, Ferrol, preto de onde me asasinaron, xunto con catorce ánimas máis, o 17 de agosto de 1936. Lembrádeo.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++