GZnación / Redacción / 11 Dec 08]
Hai pouco máis dun mes, o investigador de Cuntis Héitor Picallo foi ameazado cunha carta anónima en relación co seu libro publicado recentemente sobre a figura de Xohán Xesús González e prologado por Xosé Luís Méndez Ferrín.
Hai pouco máis dun mes, o investigador de Cuntis Héitor Picallo foi ameazado cunha carta anónima en relación co seu libro publicado recentemente sobre a figura de Xohán Xesús González e prologado por Xosé Luís Méndez Ferrín.
Héitor Picallo, presentou no mes de abril, co apoio da Asociación O Fervedoiro, a obra “Xohán Xesús González: un precursor do soberanismo galego”, que estuda a personalidade desta figura que afondou nos termos de “socialismo” e “independentismo”. Trátase da investigación máis completa que até o de agora se ten publicado sobre a figura do esquecido político que loitou polas liberdades, pola xustiza e pola liberación nacional galega e que foi asasinado en setembro de 1936.
Segundo publica o xornal Augasceibes, na súa sección de opinión, o anónimo redactou "un texto mecanografado, cheo de erros ortográficos e rematado coa frase: Párroco de San Martín de Laxe” e exponse unha serie de consideracións con respecto ao acontecido na Guerra Civil e na Ditadura. Nel négalle calquera tipo de mérito a Xohán Xesús González que o faga “merecente de tal traballo” por parte de Héitor Picallo afirmando que os verdadeiros mártires “foron os católicos perseguidos polo bando roxo”.
Segundo comentan no xornal, na súa misiva o anónimo indica que o prologuista Méndez Ferrín "minte cando di que a Igrexa Católica se opón á memoria histórica” e indica que “a Igrexa é a que está a favor da memoria, pero que de verdade sexa histórica”. Ademais indícase na carta que a figura de Xohán Xesús González non é merecente da definición de mártir como di o autor do libro e relata toda unha serie de exemplos de mártires do século XX, todos eles cristiáns católicos que si o son de verdade e chama a manter entre todos “o espirito de paz, concordia e reconciliación”.
No hay comentarios :
Publicar un comentario