
O acto contará coas intervencións de Xosé Luís Méndez Ferrín, autor dun dosartigos da publicación; Carlos Pereira, neto do Celso de Poulo, alcalde republicano de Gomesende asasinado polos fascistas en agosto do 36 no Altodo Furriolo; Xulio Medela, redactor ecoordinador da sección de cinema eaudiovisual da revista Arraianos; e Aser Álvarez, director da mesma e coordinador da obra.
Tras dita presentación, proxectarase o material audiovisual que acompaña apublicación: a videocreación Noutrora, da artista celanovesa Xudit Casas, e o documental Homenaxe a Elixio Rodríguez. O aviador arraiano, do vigués Afonso Fernández.
Ás 19.00 h, presentarase tamén o documental "San Salvador", de Patricia Nogueira, sobre os tempos en que o Mosteiro de Celanova serviu como prisión, coa presenza dalgúns dos seus protagonistas e colaboradores neste proxecto.
No hay comentarios :
Publicar un comentario