GZnación / Redacción / 30 Dec 08]
O Consello da Xunta deu hoxe luz verde ao decreto polo que o Pazo do Meirás, situado en Sada, pasa a formar parte da listaxe de Bens de Interese Cultural (BIC), segundo informou a consellaría de Cultura. A súa declaración como BIC con categoría de sitio histórico entrará en vigor a partir da súa publicación do decreto no DOG (Diario Oficial de Galiza).

Coa aprobación conclúese o proceso desenvolvido pola consellaría de Cultura, cuxos trámites se iniciaron en agosto de 2007 coa solicitude do Concello de Sada. Para chegar á declaración houbo que superar a negativa da familia Franco, propietaria do pazo, que non permitiu a entrada aos técnicos de Patrimonio para inspeccionar o inmóbel e coñecer o seu estado. A Consellaría tivo que acudir ao amparo da xustiza, e en marzo de 2008, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza autorizou a entrada dos técnicos.
No hay comentarios :
Publicar un comentario