
A maiores do relatado na entrada Donativos, tamén existían outros mecanismos de recadación que revestían características especiais: selos para o Auxilio Social, Día do Prato Único e Día sen Postre.Como se deduce do seu nome, estes últimos consistían en que, determinados días do mes, a comida limitaríase a un só prato ou a non tomar sobremesa, ingresando o importe aforrado como axuda. Foi implantado mediante unha circular do gobernador xeneral do estado do 30 de outubro do 1936, indicando na mesma que a finalidade sería a atención de comedores de asistencia social para obreiros parados e as súas familias, comedores para pobres, casas-cuna, “Gota de Leche”, etc...