
A Asociación A Oliveira de Teo e a Fundación Castelao organizan, coa colaboración do Concello de Teo, o acto de lembranza a Ánxel Casal que ten lugar na Estivada da Ribeira, en Cacheiras o vindeiro martes, día 19 de agosto.
A homenaxe comezará ás 20:30 horas, no mesmo lugar onde se atopou o seu corpo o 19 de agosto de 1936.