15 de enero de 2014

Estimada Mª José ... recuerda que aunque a veces hay malas experiencias, nunca debes retroceder ni rendirte, quien persevera alcanza.
Joan Busquets i Verges. Exmaqui libertario del Berguedá 28/12/2013
"Muero contento, porque equivocado o no, muero por una idea" Manuel Barreiro dos días antes de ser fusilado 12/3/1939


martes, 12 de agosto de 2008

Día da Galiza Martir


17/8/08, Día da Galiza Martir Fundación "Alexandre Bóveda"





A Fundación "Alexandre Bóveda" fai pública a convocatoria dos actos que organiza con motivo do día da Galiza Martir nos que se quer nesta data sinalada, continuando coa tradición desta conmemoración inaugurada por Castelao e a Irmandade Galega de Arxentina, render tributo ás víctimas galegas da represión, personificadas en grande medida na figura de Alexandre Bóveda por canto representa unha sinal de identidade propia e inequívoca do que significou o descabezamento dun pobo que empezaba a dar os seus primeiros pasos polo camiño do seu autogoberno. Queremos nesta data lembrar as diferentes dimensións do que representa o día da Galiza Mártir con diversos actos a celebrar en Pontevedra durante todo o día 17. Queremos lembrar as consecuencias institucionais para Galiza que tivo o golpe militar nun momento de recente aprobación en referendo do seu estatuto, a crueldade con que foron masacrados os galegos e galegas demócratas de diferentes ideoloxías pero de conviccións antifascistas, e por último o que representou Alexandre Bóveda desde o punto de vista humano, intelectual e político e a vixencia dos seus proxectos e ideas no momento actual. Para isto presentamos o seguinte programa de actos:
13:00 h. HOMENAXE INSTITUCIONAL A ALEXANDRE BÓVEDA.
o No monumento a Alexandre Bóveda na Caeira en Poio. Intervirán:
-Anxo Quintana (Vicepresidente da Xunta de Galiza)
-Luciano Sobral (Alcalde de Poio)
-Fernando Quintela (Presidente da Fundación Alexandre Bóveda)
- Xosé Luís Bóveda (Vicepresidente da Fundación A. Bóveda e fillo de A. Bóveda)

14:00 h. XANTAR DE ENTREGA DO III PREMIO DIA DE GALIZA MARTIR Á RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA A TERESA ALVAJAR
o No Pazo de Cultura, Rúa Alexandre Bóveda, Pontevedra. (Información e inscrición no Xantar en http://galizamartir.blogspot.com/)

18:30 H. CERIMONIA DE ANIVERSARIO NA CAPELA DE SAN AMARO (PONTEVEDRA)

• 19:00 H. ACTO CÍVICO DIANTE DO SARTEGO DE A. BÓVEDA
o No Cemiterio de San Amaro (Pontevedra)
- Cesareo Sánchez (Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega)

• 20:30 H. LEMBRANZA POLÍTICA NO MONUMENTO A A. BÓVEDA
o Na Praza de Curros Enríquez diante do monumento a Bóveda (Pontevedra)
-Bieito Lobeiro (Deputado e coordinador do grupo parlamentar do BNG)
- Miguel A. Lores (Alcalde de Pontevedra)
Para máis información: http://galizamartir.blogspot.com/
Tlf. 616415109

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++