15 de enero de 2014

Estimada Mª José ... recuerda que aunque a veces hay malas experiencias, nunca debes retroceder ni rendirte, quien persevera alcanza.
Joan Busquets i Verges. Exmaqui libertario del Berguedá 28/12/2013
"Muero contento, porque equivocado o no, muero por una idea" Manuel Barreiro dos días antes de ser fusilado 12/3/1939


lunes, 1 de diciembre de 2008

O Laboratorio de Patrimonio e o Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes e as voces" o día 1 de decembro

Encontro do catedrático Lourenzo Fernández Prieto e o doutor José M. López Mazz no Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento

O Laboratorio de Patrimonio (LaPa - CSIC) e o Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes e as voces" realizarán o próximo día 1 de decembro o seminario interno: "A Universidade e a Investigación da Historia Recente".
O acto celebrarase no Salón de Actos do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento ás 19:00 h. Nel intervirán José M. López Mazz coa ponencia: "O rol do arqueólogo, as presións e os límites da verdade" e Lourenzo Fernández Prieto con: "A experiencia do proxecto: As vítimas, os nomes, as voces e os lugares". A xornada pecharase cun debate.
O profesor López Mazz é un colaborador habitual do LaPa - CSIC, encargado de facer o proxecto arqueolóxico de "Recuperación de la Memoria Histórica Uruguaya". Este proxecto culminou coa identificación dos primeiros desaparecidos da ditadura da República Oriental en 2006. Estes traballos foron realizados desde o Grupo de Investigación en Arqueología Forense da Universidad de la República do que el é director.
López Mazz é doutor en Estudos de América Latina (Antropoloxía) pola Sorbona/París III en 1986. Entre 1994 e 1996 realizou estancias postdoutorais na universidade de Kentucky e na USC.
Lourenzo Fernández Prieto é catedrático de historia contemporánea na USC. Especializado en historia agraria e do mundo rural, é autor de varias publicacións e traballos de investigación relacionados coa construción da modernidade en Galicia e os movementos sociais (movemento obreiro, agrarismo.
Dirixe un programa de teses de doutorado sobre a Galicia rural baixo o franquismo. É investigador principal de varios proxectos que teñen como temática o franquismo: A guerra Civil e o proceso de construción do réxime franquista en Galicia e o Proxecto de Investigación Interuniversitaria "As vítimas, os nomes e as voces".

No hay comentarios :

Publicar un comentario

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++