[GZnación / Redacción / 12 Set 08]
O xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón recibiu hoxe un censo elaborado pola consellaría de Cultura da Xunta de Galiza que reúne os nomes de case 4.000 vítimas da Guerra Civil Española que foron asasinadas no país entre 1936 e 1939.

O censo, elaborado pola consellaría de Cultura, recolle a identidade de 4.396 vítimas da Guerra Civil, os lugares onde están enterradas e as causas das súas mortes, así como 224 casos que aparecen nos arquivos baixo o epígrafe de "descoñecidas".
De igual modo, o maxistrado dispón desde hoxe dun mapa que recolle 305 "lugares de represión" que foron escenario de fusilamentos e paseos, enterramentos, cárceres e edificios nos que se practicou a tortura. Tamén aparecen 26 foxas e 11 puntos da costa nos que, durante a contenda, se fondearon cadáveres.
O Goberno galego remitiu a documentación a Garzón malia que este non llo solicitou. O instrutor ditou o pasado 1 de setembro unha providencia na que reclamaba a institucións como o ‘Valle de los Caídos’, a Conferencia Episcopal Española (CEE), o Centro Documental de Memoria Histórica ou os alcaldes de Madrid, Sevilla, Granada e Córdoba que elaboren diversos listados e aporten datos sobre os desaparecidos durante a Guerra Civil.

O maxistrado adoptou esta decisión como paso previo a decidir se é competente para investigar as denuncias que varias asociacións de memoria histórica presentaron o 18 de xullo de 2007 na Audiencia Nacional. Estes colectivos solicitaban a persecución penal por delitos de lesa humanidade dos autores das desaparicións, asasinatos, torturas e exilios forzosos que se cometeron a partir de 1936.