Como sabedes mañá sábado, 17 de outubro, ás 12:30h está convocado un acto en memoria dos nove miñoráns asasinados na Volta dos Nove, no cemiterio de Baiona. A idea era en principio colocar unha placa cos seus nomes no lugar onde foron soterrados. O Concello de Baiona denegou o permiso. Mantemos o acto igual, polo que máis que nunca pedimos o voso apoio a este acto ante esta nova reacción do concello de Baiona, ás que xa nos ten acostumados, contra os dereitos dos familiares e amigos das víctimas da represión militar-fascista. Acudide ao acto mañá sábado ás 12:30h no cemiterio de Baiona
Saúdos
No hay comentarios :
Publicar un comentario