Telmo Comesaña presidente da Asociación Viguesa pola Memoria do 36. Praza da Princesa, en Vigo o día 14 de outubro as 19.40 horas, invitado pola plataforma en defensa da lingua galega.
Desde as 12.00 horas ás 20.00 horas. Se quereres participar, anótate indicando os teus datos persoais, contacto e preferencia horaria en observatorio@amesanl.org ou chamando ao 628 483277.
ERA MARTES
Aquel 6 de outubro do 1936, era martes, día previsto para que os “corvos do mencer”cobardemente se fartaran da súa sede de sangue inocente, no que deron en chamar eufemísticamente, “paseos”.
Os militares fascistas con Franco ao fronte comenzaron un levantamento en contra do poder legalmente constituido en España: Primeiro asasinaron aos xefes militares que se opuxeron, e, de sotaque implantaron o terror en toda España, sobor de todo, nas rexións onde tomaron o poder sin/ ou con escasa loita: Canarias, Baleares, Nafarroa, León, Galiza, etc.
En Galiza asasinaron a máis de 5650 homes e mulleres, e deles, 4500 “paseados”. Comenzaron o exterminio, ordeado polo xeneral Mola, eliminando aos cargos públicos elexidos polo pobo: alcaldes, deputados, concelleiros, sindicalistas… e seguiron con maestros, médicos, xornalistas, representantes de Asociacións veciñais, e a todos e todas aqueles/as que tiñan capacidade de liderar, para trocar a sociedade corrupta das monarquías absolutistas que ao longo de centurias fundiran a España na miseria fisica, moral e intelectuál.
Ese martes 6 de outubro, entre as catro e catro e media da da mañá un grupo de falanxistas, gardas civís e un cura para reconfortalos (aos criminales) asasinaron a seis homes que sacaron da imporovisada cárcere do Frontón da rúa María Verdiales, de Vigo, e levaronos a Vincios, parroquia de Gondomar. Asasinaronos en dous grupos. Tres no lugar de A Pasaxe, e os outros tres no lugar de Vichicáns; estuveron tirados na cuneta ata que o xuíz de Gondomar, Domingo Vila Manzanares, ordenou o levantamento dos cadavres. As cinco da tarde, no carro de bois de Manuel Alonso Prado, foron trasladados, por orde da Garda Civil, ao cemiterio de Mañufe-Gondomarr, (aproximadamente oito km distante), pasando polo medio do pueblo - como si dunha procesión do terror se tratara – onde os soterraron descalzos. Os zapatos de cada un deles foi a recompensa negociada con D. Rogelio de la Granja, mestre de Mañufe e presidente da comisión do cemiterio que se estaba a construir, por abrir fosas individuais en vez de unha común como era o habitual.
·Un deses homes era meu pai, José Comesaña Pérez, de 26 anos, e que deixaba viuva e dous fillos de curta idade.
·Outro era o seu irmán Antonino, de 32 anos e que deixaba viuva e dous fillos
·Outro era Emilio Comesaña Sobreira, de 50 anos, e que deixava viuva e sete fillos (catro mulleres e tres homes)
·Outro era Fernando Costas Iglesias, de 29 anos, e que deixaba viuva .
Estes catro homes eran os diretivos da Sociedade de Agricultores do barrio vigues de Alcabre.
·Outro foi, Emilio Giráldez Rodriguez, de 39 anos, veciño de O Viso – San Pedro da Ramallosa, viuvo, deixa cous fillos.
·Outro foi Manuel Villar Cimadevila, de 40 anos, do barrio vigues de O Pino, deixa viuva e dous fillos.
Setenta e tres anos despois, sigo sin saber si meu pai foi enterrado nunha caixa, ou tirado no buraco e a terra lene e humida, amorosamente envolveu o seu corpo.
Telmo Comesaña Pampillon (fillo de José Comesaña Pérez)
Alcabre-Vigo 6 de outubro do 2009
Nota: escrito para ler o día 14 de outubro do 2009 na praza da Princesa en vigo, a prol do idioma galego
No hay comentarios :
Publicar un comentario