15 de enero de 2014

Estimada Mª José ... recuerda que aunque a veces hay malas experiencias, nunca debes retroceder ni rendirte, quien persevera alcanza.
Joan Busquets i Verges. Exmaqui libertario del Berguedá 28/12/2013
"Muero contento, porque equivocado o no, muero por una idea" Manuel Barreiro dos días antes de ser fusilado 12/3/1939


viernes, 2 de octubre de 2009

A Comunidade da Desmemoria Histórica

MANUEL RIVAS 02/10/2009 "Os que non aman nen saben d'amor / facen perder aos que amor am...". Isto é de hai séculos, de Johán Baveca, unha das máis fermosas pezas nos Cancioneiros medievais, e non me digan que non é un aforismo para andar por Galicia a día de hoxe.

Tal vez haxa quen pense que isto de falar de amor ou desamor a respecto dunha sociedade e dun tempo histórico é unha arroutada decimonona e unha terminoloxía resesa, de cando os animais falaban. Un dicir cursi ou lambido. Mais é xusto o contrario. Cómpre aclarar que un trazo esencial do cursi é a brutalidade. Unha brutalidade acicalada, iso si. É moi interesante para comprobar isto a lectura da Historia de la literatura fascista española, de Julio Rodríguez Puertolas, que vén de reeditar Akal. A cultura franquista mergullou as mentes durante décadas nunha atmosfera de matonismo cursi. Os bos escritores, para chegar a selo, tiveron que liberarse desa visguenta condición.

Vexamos dous exemplos moi notábeis. Na súa etapa fascista, Llorenç Villalonga soltou en verso que os falanxistas eran "arcángeles morenos con correajes de cuero". Logo, despegado dese fanatismo, escribiu unha obra extraordinaria, Bearn o la sala de las muñecas, unha saga balear comparada con Il gattopardo de Lampedusa. O caso tamén ben coñecido de Cela, que chegou a comparar o golpe fascista cunha "flor lozana". "Surgió la flor lozana, y un poco emocionada, de esta viril y austera y española generación triunfal de lo imposible". Só unha complexa metamorfose interior pode explicar que quen escribe iso é a mesma persoa que acadará o logro magnífico de La colmena. Houbo quen ficou no folletín panfletario, como o caso soado de José María Carretero, El caballero audaz, a quen Eugenio G. de Nora cando retratou o estilo: "Destacan el matonismo autosatisfecho y la cursilería pretenciosa".

Ver eu non vexo arcanxos nin demos arestora, menos mal, pero si que recampa un preocupante estilo caballero audaz. Un voceiro do Goberno, o deputado Agustín Baamonde, vén de anunciar a abolición da memoria. Até o de agora, segundo a Constitución, eramos unha "nacionalidade histórica". Imos camiño de ficar constituídos como un "enigma sen historia". Segundo o insigne deputado por Vilalba, en Galicia, a partir de agora, non vai haber Lei nin Memoria nin Historia. Isto xa parece o show de Houdini. Aquí desaparece todo. A lingua, a selección de fútbol, os cultur.gal, as troitas dos ríos... Calquera día non sae o Luar e a ver quen apaga a luz!

No hay comentarios :

Publicar un comentario

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++