Viguesa Distinguida 2007
LUGAR DE MEMORIA
En cumprimento dos Estatutos de ir señalando os LUGARES DE MEMORIA (alí onde se cometeron asasinatos causados polos fascistas-franquistas); este ano 2009 faremolo as portas do cemiterio de Pereiró – VIGO, no que repousan 740 homes e mulleres que por non pensar o mesmo cos verdugos foron torturados, silenciados e aniquilados en cumprimento das consignas do [xeneral Emilio Mola (…) Esta guerra tiene que terminar con el exterminio de los enemigos de España (…) Hay que sembrar el terror, tenemos que crear una impresión de dominación eliminando sin escrúpulos ni vacilación a todos los que no piensen como nosotros (…) Cualquiera que sea abierta o secretamente defensor del Frente Popular debe ser fusilado].
Temos que suliñar que estas atrocidades cometeronse coa colaboración da Igrexa Católica, quen a esta barbarie lle deu o nome de CRUZADA, dandolle ao sátrapa varios titulos como: enviado de Dios para salvar a España, e, pasealo baixo palio como si da OSTIA se tratara. Esa Igexa nunca pedíu perdón, e arestora está coa mesma teima que nos anos 30 do pasado século.
Suliñar tamén que en Galicia mon houbo guerra, pero cometeronse 5651 asasinatos entre os anos 1936 e 1939, dos que 4500 foro "paseados"
E xa que logo, non ímos homenaxear os mortos na guerra incivil española; ímolo facer polos 740 soterrados en Pereiró, lembrando os nomes dos fusilados o día 27 de agosto do 1936 diante dos muros do cemiterio:
Enrique Heraclio Botana (fundador da UGT e membro destacado do PSOE)
Emilio Martínez garrido (alcalde de vigo, PSOE)
Waldo Gil Santóstegui
Apolinar Torres López (mestre, PSOE)
Ramón González Brunet
Ignacio Seoane Fernández
Manuel Rey Gómez
Antonino Bilbatúa Zubeldia (deputado e membro destacado do PSOE)
Demetrio Bilbatúa Zubeldia (membro destacado do PSOE)
José Antela Conde (alcalde de Lavadores)
Porta do cemiterio de Pereiró, día 24 de outono 2009, as 18 horas
A anulación dos xuizos sumarios é a nosa ESIXENCIA.
Verdade, Xustiza e Reparación
A directiva 18/10/2009
No hay comentarios :
Publicar un comentario