15 de enero de 2014

Estimada Mª José ... recuerda que aunque a veces hay malas experiencias, nunca debes retroceder ni rendirte, quien persevera alcanza.
Joan Busquets i Verges. Exmaqui libertario del Berguedá 28/12/2013
"Muero contento, porque equivocado o no, muero por una idea" Manuel Barreiro dos días antes de ser fusilado 12/3/1939


martes, 3 de marzo de 2009

Exposición "Vermellas. Chamábanlles “rojas” en Lugo


Estimados/as amigos/as,

Desde o Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares, queremos informarvos da nosa participación no programa expositivo:


Vermellas. Chamabánlles "rojas"

que inaugurará o vindeiro venres día 6 de marzo ás 20.00 h na Sala Isaac Díaz Pardo da Facultade de Veterinaria de Lugo.

Adxuntamos a nota de prensa e documentación relacionada co evento.
Agardando que a nova sexa da vosa interese e agradecendo de antemán a súa difusión,

Recibide un cordial saúdo,

Chus Martínez

Proxecto de Investigación, Nomes, Voces e Lugares

Edificio Monte da Condesa, s/n 2º andar Campus Sur

15782-Santiago de Compostela

Teléfono: 981 563100 Ext. 13598

Organización Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela

Grupos de traballo:

Claudio Rodríguez Fer, Carmen Blanco, Andrés Domínguez Almansa, Gustavo Hervella García, Chus Martínez Domínguez, Antonio Somoza Cayado, Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, as voces, os nomes e os lugares"

Base histórica e documental Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, as voces, os nomes e os lugares"

O vindeiro venres, día 6 de marzo ás 20.00 h, inaugurarase a exposición Vermellas. Chamábanlles “rojas” na Sala Isaac Díaz Pardo da Facultade de Veterinaria de Lugo. A mostra, organizada pola Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela, está dedicada ás mulleres que foron represalidas en Galicia tralo golpe de estado de 1936, permanecendo aberta ao público até o 6 de maio de 2009.

A represión á muller e as súas diferentes tipoloxías serán expostas a través das súas protagonistas, mulleres que por distintas condicións socioculturais e políticas sufriron humillacións e vexacións, perdendo a seres queridos, en moitos casos cumprindo penas de cárcere e noutros de forma dramática atopando a morte.

A responsabilidade do proxecto expositivo recae no grupo de traballo formado por: Claudio Rodríguez Fer, Carmen Blanco, Andrés Domínguez Almansa, Gustavo Hervella García, Chus Martínez Domínguez, Antonio Somoza Cayado e o Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, as voces, os nomes e os lugares".

A mostra articúlase en diferentes paneis que debuxan a represión de xénero en Galicia desde unha lectura artística e literaria, e que se complementan con outros que se ocupan do marco histórico, responsabilidade do Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, as voces, os nomes e os lugares", dirixido polo catedrático en Historia Contemporánea na USC Lourenzo Fernández Prieto e financiado pola Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia. Para esta sección histórica da exposición, o Proxecto aportou diferentes gráficas e un mapa nos que poder pescudar a represión exercida ás mulleres durante a represión franquista. Así mesmo, oProxecto proporcionou unha listaxe de nomes das vítimas da bisbarra de Lugo procedentes dos resultados da investigación que o equipo leva desenvolvendo desde o 2006. Varias fotografías procedentes dos fondos do Proxecto poñen cara ao terror sufrido por moitas mulleres tralo Golpe de Estado de 1936. Ademais, o visitante poderá achegarse á fonte oral da represión a través dunha selección de entrevistas cedidas polo proxecto, e que forman parte do seu fondo oral composto por 403 entrevistas. Xunto a este material, tamén cedeu un interesante vídeo que recolle a visita doPresidente da República, Alcalá Zamora, á Coruña en 1934.

Ademais da mostra en sala, o programa “Vermellas” contará con diferentes encontros relacionados coa temática da represión, celebrando diferentes conferencias nas que participarán a profesora de Historia Contemporánea e coordinadora do Proxecto de Investigación “As vítimas, os nomes, as voces e os lugares” Chus Souto, a profesora de literatura galega Carmen Blanco e os investigadores Antonio Somoza Cayado e Gustavo Hervella García, que presentarán os resultados do estudo, atendendo de xeito especial á represión de xénero tralo Golpe de Estado. Outro acto programado será o recitado e presentación do poemario “Ámote vermella” de Claudio Rodríguez Fer.

Completa a mostra un catálogo con diferentes ensaios ilustrados polo material gráfico presente na sala, e que permitirá aproximarse ao contexto da represión a través da memoria co texto titulado “Da visualización social da muller á inmersión no terror: 1936. Golpe de Estado, vítimas e memoria”, cuxa autoría recae en Andrés Domínguez Almansa, Gustavo Hervella García, Chus Martínez Domínguez e Antonio Somoza Cayado, membros do equipo de traballo do Proxecto.
Fonte @ABF

No hay comentarios :

Publicar un comentario

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++