15 de enero de 2014

Estimada Mª José ... recuerda que aunque a veces hay malas experiencias, nunca debes retroceder ni rendirte, quien persevera alcanza.
Joan Busquets i Verges. Exmaqui libertario del Berguedá 28/12/2013
"Muero contento, porque equivocado o no, muero por una idea" Manuel Barreiro dos días antes de ser fusilado 12/3/1939


miércoles, 4 de marzo de 2009

70 anos despois. Congreso para o estudo da cultura do exilio republicano

Os días 12,13 e 14 de marzo de 2009, celebraranse no Pazo de Mariñán as xornadas

"70 anos despois. Congreso para o estudo da cultura do exilio republicano". Dito congreso está organizado polo comité formado por Xesús Alonso Montero, Xosé Luís Axeitos, Isaac Díaz Pardo, Gregorio Ferreiro Fente e Charo Portela Yáñez, que idearon este programa de tres días de duración coa pretensión de conmemorar o setenta aniversario do inicio do exilio republicano.

O congreso estará dedicado a diferentes ámbitos da cultura e da ciencia no exilio: a prensa e a edición, as artes plásticas, o cine e a ciencia e a investigación; contando con diferentes conferencias e mesas redondas. Así, o xoves día 12, participarán para falar de teatro no exilio: Manuel Aznar Soler, ademais dunha mesa de debate dirixida por Inma López Silva e formada por Manuel F. Vieites, Damián Villalaín, e Juan Antonio Hormigón. Esta mesma xornada estará dedicada pola tarde á prensa no exilio, contando coa conferencia de Fernando Salgado, e ao deseño no exilio con dúas mesas de encontro: a primeira coordinada por Gregorio Ferreiro Fente, e X. L. Axeitos; e a segunda formada por M. Aznar, Isaac Díaz Pardo, Abelardo Linares e José Esteban. O día 13 venres, contará coa conferencia de Antonio Garrido Moreno acerca das artes plásticas no exilio, para posteriormente coordinar unha mesa redonda. No apartado dedicado ao cine, Miguel Anxo Fernández impartirá unha conferencia titulada "Carlos Velo", pechando esta xornada unha mesa redonda, moderada por Margarita Ledo Antión, xunto ás proxeccións “Liste, pronunciado Líster", "Sierra de Teruel","Homenaje a León Felipe" e “María Casares". O derradeiro día, o sábado 14, estará dedicado á ciencia e investigación, coa intervención de Emilio Grandío Seoane titulada “O Proxecto de Investigación As vítimas, os nomes e os lugares”, e Carlos Etcheverría coa exposición titulada “O Ateneo republicano de Galiciae o exilio”, para rematar coa conferencia de clausura a cargo de Xesús Alonso Montero “Anibal Otero e a lingüística galega no exilio”.

Ao longo das xornadas, desenvolverase como actividade paralela, un ciclo de cine do exilio do CGAI.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++