15 de enero de 2014

Estimada Mª José ... recuerda que aunque a veces hay malas experiencias, nunca debes retroceder ni rendirte, quien persevera alcanza.
Joan Busquets i Verges. Exmaqui libertario del Berguedá 28/12/2013
"Muero contento, porque equivocado o no, muero por una idea" Manuel Barreiro dos días antes de ser fusilado 12/3/1939


miércoles, 1 de julio de 2009

As vítimas da represión franquista en Galicia poderán ser consultadas na rede, a través da páxina web do Proxecto "Nomes e Voces

1/7/09- O Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares", está a preparar unha ferramenta de servizo público para a consulta dos seus fondos, elaborados durante os últimos tres anos de traballo. Deste xeito, proximamente serán postos en valor na rede os datos de once mil represaliados e máis de 4.000 fusilados, "paseados" ou desaparecidos no franquismo durante o período comprendido entre 1936 e 1939. Os nomes das vítimas da represión franquista serán publicados xunto a outros materiais e documentación composta por 15.000 documentos dixitalizados, de carácer público e privado.
O equipo coordinado polo catedrático de historia na USC Lourenzo Fernández Prieto, comenzou o seu traballo de investigación no ano 2006 ao abeiro do Ano da Memoria. resultado do convenio entre a Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e as tres universidades galegas.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++