15 de enero de 2014

Estimada Mª José ... recuerda que aunque a veces hay malas experiencias, nunca debes retroceder ni rendirte, quien persevera alcanza.
Joan Busquets i Verges. Exmaqui libertario del Berguedá 28/12/2013
"Muero contento, porque equivocado o no, muero por una idea" Manuel Barreiro dos días antes de ser fusilado 12/3/1939


martes, 7 de julio de 2009

Antón Alonso Ríos, siñor Afranio

Do 26 de xuño ao 12 de xullo, de 10 a 21h., entrada gratuita

Baseada no libro “O Siñor Afranio ou como me rispei das gadoupas da morte. Memorias dun fuxido”, esta exposición trata de recuperar a traxectoria vital do escritor, mestre e deputado agrarista de Galiza Alonso Ríos “siñor Afranio” e o roteiro que tivo que percorrer durante tres anos para fuxir do franquismo cara ao exilio.
Así, esta mostra pretende divulgar a figura deste galeguista histórico a través de 37 paneis que repasan a súa biografía, dividida en tres períodos fundamentais:

-1887-1936. Anos de xuventude e toma de conciencia galeguista en Arxentina, a onde emigra en 1908. En 1931, coa proclamación da II República, volta a Galicia para tomar parte activa na vida política do país, integrándose no Partido Galeguista.

-1936-1939. Co levantamento militar en 1936 Alonso Ríos participa na formación dun comité
de defensa da República e comeza a organizar actos de resistencia en Tui. Esta actividade lévao
a ter que refuxiarse no monte e facerse pasar por esmoleiro. Para sobrevivir e escapar da
persecución á que se ve sometido reinvéntase a si mesmo e adopta a personalidade de Afranio
de Amaral, de orixe portugués. Finalmente, en 1939 logra pasar a fronteira e dende Lisboa
embarca camiño de Bos Aires.

-1939-1980. Unha vez de volta en América, e ata a súa morte en outubro de 1980, Alonso Ríos
involucrarase nas actividades do nacionalismo no exilio, como a creación do Consello de Galiza
en Montevideo, presidido por Castelao e á súa morte polo propio Alonso

Verbum Casa das palabras

Avenida de Samil 17

36212 Vigo

T +34 986 240 130

F +34 986 240 633


No hay comentarios :

Publicar un comentario

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++