Os vindeiros días 29 e 30 de outubro celebránrase en Tui as xornadas de “Recuperación da Memoria Histórica"
As xornadas están organizadas polo colectivo Levada libre para lembrar e recuperar a memoria dos veciños tudenses e da comarca, que foron fusilados, paseados, reprimidos, represaliados e desterrados nos tristes acontecementos acaecidos na cidade de Tui no verán do 1936.
O programa das xornadas é o que segue:
Mércores 29:
·19.00 h:Presentación das xornadas no Museo do Concello de Tui, en San Domingo.
·19.10 h: Actuación do grupo de corda Tudense “Xorima"
·19.25 h: Conferencia-coloquio a cargo de Alberto Estévez Piña "Breve historia de la guerra civil en Tui”
·20.15 h: Proxección do documental “Memorial de Camposancos”, de José Ballesta de Diego
Xoves 30:
·19.00 h: Actuación do cantautor Pedro Roman no Museo do Concello de Tui, en San Domingo
·19.15 h: Presentación do "Proxecto de Investigación Interuniversitario “As Vítimas, os nomes, as voces e os lugares”
·20.15 h: mesa redonda-coloquio
·20.45 h: Actuación do canta autor Pedro Roman
·21.00 h: Proxección do documental “Unha historia galega”
·21.30 h: lectura de poemas e ofrenda floral no monumento “dos represaliados do 36”, na alameda de Tui.
Clausura das xornadas
No hay comentarios :
Publicar un comentario