
Benigno Andrade García “Foucellas”, o máis lendario e popular dos guerrilleiros antifranquistas galegos, naceu o 22 de outubro de 1908 na aldea de As Foucellas, parroquia de Cabrui, do concello de Mesía. Traballou no campo, nunha leitaría, nas minas de carbón de Fabero (O Bierzo) e nun aserradeiro de Curtis. Detivérono o 9 de marzo de 1952 en A Regueira (Oza dos Ríos) onde construíra unha cova-refuxio. Foi executado a garrote vil o 7 de agosto de 1952 no cárcere da Coruña. Os seus restos mortais repousan no cemiterio de San Amaro nunha foxa común.
As actividades comezarán en Curtis o xoves, 23 de outubro, ás 19.30h horas na Casa da Xuventude e contará coa presenza de Pepiña, filla de Foucellas......
No hay comentarios :
Publicar un comentario