Do 25 ao 30 de Novembro do 2008 celebraranse en Tui, Tomiño, Salceda e O Porriño as III Xornadas sobre a Represión Franquista no Baixo Miño ‘Memoria e nación’. Organiza a Comisión Cidadá pola Verdade do 36, do Baixo Miño co apoio da Consellería de Cultura. Dirección Xeral de Difusión e Creación Cultural. Colaboran: Concellos do Porriño, Salceda de Caselas, Tomiño e Tui.
·Martes 25. Mesa redonda, “A represión no ferrocarril”. Presentación de Bieito Alonso. Participan: Xosé Ramón Paz Antón, Moncho Iglesias e Dionisio Pereira. Centro Cultural (O Porriño).
·20,30 horas Martes 25. Conferencia de Xosé Manuel Malheiro, “Alonso Ríos: unha escola para o País”. Presentación de Marta Dacosta. Hotel Nueva Colina (Tomiño),
·20,30 horas. Mércores 26. Conferencia de Natalia Jorge, “Isaura: unha vida solidaria”. Presentación de Mario Rodríguez. Centro Cultural de Figueiró.
·20,30 horas. Xoves 27. Presentación do volume “O Miño: unha corrente de memoria” (Eds. Alén Miño). Presenta Ramón Fernández Leal. Participan: X. Ramón Paz Antón, Carlos Méixome e Guillermo Rodríguez (editor). Área Panorámica (Tui).
·20,30 horas.Venres 28. Conferencia de Bieito Alonso, “A memoria do agrarismo”. Presentación de Xosé Manuel Suárez. Casa do Concello (Salceda de Caselas).
·20,30 horas.Venres 28. Conferencia de Rafael Martínez Calzado, “Un alcalde agrarista, Daniel Calzado”. Presentación de Xosé Manuel Méndez. Centro Cultural de Cristelos.
·20,30 horas.Domingo 30. Estrea do documental “Afranio” (Alén Filmes) dirixido por Víctor Coyote. Con posterioridade á proxección haberá un coloquio no que participarán Víctor Coyote e o actor Luís Tosar. Modera, Xosé Manuel Méndez. Auditorio de Goián.
·19,30 horas.Clausura das Xornadas a cargo de Rafael Martínez Calzado, secretario da Comisión Cidadá pola Verdade do 36, do Baixo Miño.
No hay comentarios :
Publicar un comentario