15 de enero de 2014

Estimada Mª José ... recuerda que aunque a veces hay malas experiencias, nunca debes retroceder ni rendirte, quien persevera alcanza.
Joan Busquets i Verges. Exmaqui libertario del Berguedá 28/12/2013
"Muero contento, porque equivocado o no, muero por una idea" Manuel Barreiro dos días antes de ser fusilado 12/3/1939


jueves, 20 de noviembre de 2008

Homenaxe aos mestres e mestras represaliados no Val Miñor

Amigos e amigas do IEM

Homenaxe aos mestres e mestras represaliados polo franquismo no Val Miñor

O próximo venres 21 de novembro ás 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda.. da Feira, 10, baixo) terá lugar un acto en homenaxe aos mestres da República represaliados polo franquismo no Val Miñor.

O acto consistirá nunha conferencia impartida polo director do Institutode Estudos Miñoranos, Carlos Méixome Quinteiro, denominada “A represión franquista sobre o maxisterio miñorán”. Na mesma o relator ademais de repasar todos os casos de mestras e mestres represaliados centraraseespecialmente nos que aconteceu con Benito Ramallo Gómez, Mestre naEscola de Nenos nº 1 de Baiona; José Vázquez Grela, mestre de Nigrán asesinado nas Angustias o 12 de setembro de 1936 e nos do matrimonio formado por José Cribeiro González e Juliana Concepción Gómez Martín,mestre e mestra de Donas respectivamente e no Victoriano Taibo, mestre de Morgadáns.

Tras a conferencia farase un recoñecemento público aos mestres e mestras represaliados e estarán presentes María Luz, Priscila e María Blanca Cribeiro Gómez fillas de José Cribeiro González e Concepción Gómez Martín, así como as súas netas e bisnetas e tamén diversos alumnos e alumnas. Tamén contaremos coa presenza de Gloria Taibo, filla de Victoriano Taibo, mestre de Morgadáns acompañada polos seus familiares.

O acto aberto ao público en xeral pretende ser un sinxelo recoñecementoás “luces da República”, a aquela xeración de mestres e mestras que impulsaron co seu traballo a ilustración dos sectores populares e que areacción militar e fascista converteu en centro das súas persecucións.

O acto será presentado por Pilar Barreiro, da Xunta de Goberno do IEM.
Tamén se poderá visitar a exposición “Antón Alonso Ríos. O siñorAfranio” na que se fai un delongado repaso da vida deste deputado agrarista que substituiría a Castelao na Presidencia do Consello de Galicia no exilioamericano.

Saúdos

No hay comentarios :

Publicar un comentario

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++