O alcalde, que sempre lle rendeu a súa peculiar homenaxe a Francisco Franco, decidiu non facela, mais non "porque teña medo" ou estea sen forzas.
Redacción -VIEIROS 12/11/2008
O alcalde do Concello de Beade (O Ribeiro), Senén Pousa (PPdeG) é o único rexedor de todo o Estado Español que, durante anos, lle rendeu a súa particular homenaxe a Francisco Franco, cunha misa que celebraba o 20 de novembro, data de pasamento do ditador.

Pero este ano, coma o pasado, tampouco vai haber misa, segundo contou hoxe o propio Pousa, mais matizando que "non é porque teña medo nin ganas de non facela", senón porque "as forzas de seguridade veñen até aquí e hai enfrontamentos tremendos".
Porén, o rexedor de Beade asegurou que, de non vir a policía, el ía seguir celebrando a misa, cousa que ve necesaria, nos tempos que vivimos onde "xa é bastante vergoñoso o que está a facer o señor Garzón coa memoria histórica".
Máis información en http://www.vieiros.com/nova/70234/este-ano-non-hai-misa-en-beade
No hay comentarios :
Publicar un comentario