O vindeiro sábado 18 de xullo ás 19.00 h., a "Asociación Terra de Outes" rende homenaxe ás vítimas de Muros e Outes coa inauguración dun xardín ao redor do monolito que este colectivo levantou o ano pasado no lugar onde foi asasinado o deputado republicano Luís Barrena en agosto de 1936.
O acto contará coa presenza do catedrático en Historia Contemporánea na USC, Lourenzo Fernández Prieto, como director e coordinador da investigación histórica que o Proxecto "Nomes e Voces" desenvolve ao redor da guerra civil e a represión franquista en Galicia.
Achegámosvos o convite ao acto como documento adxunto.
Grazas pola vosa colaboración e un saludo moi cordial,
Chus Martínez
PARA MÁIS INFORMACIÓN:
Proxecto de Investigación " Nomes e Voces"
Edificio Monte da Condesa, s/n 2º andar
Campus Sur
15782-Santiago de Compostela
Teléfono: 981 563100 Ext. 13598
No hay comentarios :
Publicar un comentario