Una sociedad enferma, é o titulo da carta asinada por José Manuel Castro Quinteiro, na que reproduce o “discurso” do arcebispo de Burgos, Gil Hellón, e que a min refrescame a memoria.
O arcebispo di: una socedad que mata sistematicamente a sus hijos más inocentes, que administra la justicia según los colores politicos, que miente con descaro y desde las más altas instancias, que viola los pactos más sagrados, que fomenta el odio y el enfrentamiento entre sus miembros, que impide el ejercicio libre de la religión, que destruye la inocencia de los niños desde su mas tierna edad, que convierte la escuela en un instrumento ideologico, etc,etc…E logo pasa a dar consellos para “voltar o rego” esta sociedade perdida.
Eu, que fixen a primeira comunión no ano 1942, e que sufrín, como todos/as daquela época a represión do nacional-catolicismo, non dou creto ao que lín. Daquela, todo era pecado; o inferno estaba aberto si morrias en pecado mortal, e para ir o ceo, antes había que pasar polo purgatorio para purificarse; ademais tanto nun como no outro ardías con lume de verdade pero, sin consumirte, e si era no inferno ese sufrimento é por toda a eternidade . Este medo, este horror deu paso os poucos anos a non crer nin no inferno nin en un Deus tan terrible e vingativo. Estes “arranxavidas”, foron quén de colaborar co sátrapa ao longo de 40 anos; colabraron coa represión nas carceres, nos campos de concentración e en multitude de asasinatos; a “educación” era cousa deles: os cines, os bailes, os libros non admitidos por eles era pecado mortal; o pensamento estaba secuestrado.
¡Cómo se atreven a decir que esta é unha sociedade enferma!
Hoxe os/as homosesuais non son perseguidos polo TOP, non hai xuizos sumarios, niguén é perseguido por practicar unha ou outra relixión.
Ler o que di este arcebispo dame moito mais medo que o inferno, porque si puderan farian o mesmo que daquela; cando na Iglesia son públicas as maiores aberracións con seres inocentes. Lembro que unha das advertencias que facía o cura era: Ay de aquellos que escandalicen a las criaturas, mejor le sería atarse al cuello una piedra de molino y arrojarse al mar. Cando isto predicaban xa estaban escandalizando a seres inocentes e tapabanse os uns aos outros …e os pais pensando que os fillos estaban con boa xente.
Irán ao inferno? Si creeran nel non farían o que fan.
Telmo Comesaña Pampillón 27/3/10
Foto para ABF en San Simón 2008
No hay comentarios :
Publicar un comentario