15 de enero de 2014

Estimada Mª José ... recuerda que aunque a veces hay malas experiencias, nunca debes retroceder ni rendirte, quien persevera alcanza.
Joan Busquets i Verges. Exmaqui libertario del Berguedá 28/12/2013
"Muero contento, porque equivocado o no, muero por una idea" Manuel Barreiro dos días antes de ser fusilado 12/3/1939


viernes, 5 de marzo de 2010

Manifesto a prol da continuidade por parte da Xunta de Galicia na Recuperación da Memoria da represión franquista en Galicia

A/A

Excmo. Sr. D. Roberto Varela Fariña

Conselleiro de Cultura e Turismo

Consellaría de Cultura e Turismo

San Caetano, s/n

15781 Santiago de Compostela



MANIFESTO A PROL DA CONTINUIDADE DE COLABORACIÓN POR PARTE DA XUNTA DE GALICIA NO TRABALLO DE RECUPERACIÓN DA MEMORIA DA REPRESIÓN FRANQUISTA EN GALICIA

En reunión celebrada en Vigo o día 9 de xaneiro de 2010, e constatado o cambio en negativo por parte do actual goberno da Xunta de Galicia, en relación co corte ou eliminación da promoción e colaboración coas actividades que se desenvolven coas tarefas referentes á recuperación da Memoria Histórica, anulando a anterior liña de actuación que se viña desenvolvendo ata marzo de 2009, as asociacións abaixo asinantes,

ACORDAN


1.- Denunciar a redución da partida orzamentaria do Proxecto de Investigación Interuniversitario “As vítimas, os nomes, as voces e os lugares”, que tan importante labor estaba a levar adiante, reclamando que se continúe conservando o 100% da súa financiación.
2.- Perante o cambio de usos para Illa de San Simón, demandamos que a mencionada illa sexa “Lugar da Memoria” de especial significación na historia de Galicia e como tal debe ser sinalizado, patrimonializado e promovido, onde se poida desenvolver todo tipos de actos de recoñecemento, homenaxe e difusión a todas aquelas persoas que sufriron a perda da liberdade por ser demócratas.

3.- Reclamamos a continuidade do Convenio entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto de Medicina Legal de Galicia para a exhumación das vítimas da represión franquista.

4.- Demandamos que se siga a promover a investigación na recuperación daMemoria Histórica, así como o fomento de axuda e colaboración paraactividades e iniciativas promovidas por entidades, asociacións e institucións en realización de actos de recoñecemento das vítimas da represión franquista.

En Vigo a 9 de xaneiro de 2010

Asociacións asinantes:

-Asemblea Republicana de Vigo (Vigo)

-Asociación pola recuperación histórica de Marín (Marín)

-Asociación Memoria Histórica 28 de agosto (Cangas)

-Asociación Cultural Comisión pola Memoria “Sinhor Afranio” (Colectivo da provincia de Pontevedra)

-Asociación Amigos de Johan Carballeira (Bueu)

-Asociación cultural “ A Oliveira” (Teo)

-Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes “Verbo Xido” (Terra de Montes)

-Asociación Civico-cultural Terra de Outes (Outes)

-Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo (Lugo)

-Asociación cultural Vagalumes (A Estrada)

-Asociación viguesa pola Memoria Histórica do 36 (Vigo)

-Colectivo Republicano de Redondela (Redondela)

-Comisión Cidadá pola Verdade do 36 (Baixo Miño)

-CRMH d´A Coruña (A Coruña)
Fundación 10 de marzo (Galicia)

-Grupo “A Quenlla” (Galicia)

-Instituto de Estudos Miñoranos (Val Miñor)

No hay comentarios :

Publicar un comentario

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++