15 de enero de 2014

Estimada Mª José ... recuerda que aunque a veces hay malas experiencias, nunca debes retroceder ni rendirte, quien persevera alcanza.
Joan Busquets i Verges. Exmaqui libertario del Berguedá 28/12/2013
"Muero contento, porque equivocado o no, muero por una idea" Manuel Barreiro dos días antes de ser fusilado 12/3/1939


miércoles, 6 de mayo de 2009

Unhas 200 persoas homenaxean en Mehá (Ferrol) a seis fusilados na Guerra Civil o dia 1 de mayo

Diario de Ferrol Digital. Mugardos. FERROL 2 de Mayo de 2009
Ás seis da tarde comezou a celebrarse a ofrenda musical, poética e floral con que familiares e amigos das vítimas quixeron homenaxealos no cemiterio de Mehá, en Mugardos, coincidindo coa celebración do Día do Internacionalismo Proletario. Os convocantes recordaron no transcurso do acto a todos aqueles homes e mulleres que “foron proletarios e deron a vida na loita en favor do operario galego e mundial: o socialismo” e que, sendo ou non guerrilleiros “estaban a favor do mellor para Galicia e a humanidade”. Na convocatoria de onte participaron unhas duascentas persoas, tal e como se apuntaba onte mesmo dende a organización.

Os asistentes ao acto tiveron palabras de recordo para Francisco Martínez “Pancho”, Manuel Bastida “O Chone”, Florentino Iglesias, Joaquín Seco, Ramón Díaz e Andrés Dopico. No transcurso da convocatoria procedeuse á lectura das adhesións que remitiron -por non poder asistir- varias entidades relacionadas coa Memoria Histórica e tamén a de poemas, como un de Claudio Rodríguez Fer adicado a Amada García. O Ateneo, Carlos Velasco, Bernardo Máiz, Carme Filgueiras e Manuel López foron algunhas das moitas persoas que se quixeron sumar onte á convocatoria, aínda que algúns deles lamentaron non poder estar presentes na mesma.

Na homenaxe non faltou a música, a cargo do gaiteiro Antón Varela, e para poñer fin á mesma procedeuse a realizar a tradicional ofrenda floral.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++