15 de enero de 2014

Estimada Mª José ... recuerda que aunque a veces hay malas experiencias, nunca debes retroceder ni rendirte, quien persevera alcanza.
Joan Busquets i Verges. Exmaqui libertario del Berguedá 28/12/2013
"Muero contento, porque equivocado o no, muero por una idea" Manuel Barreiro dos días antes de ser fusilado 12/3/1939


lunes, 11 de mayo de 2009

Os 16.000 represaliados do franquismo terán nome

A base de datos elaborada por un equipo das tres universidades galegas recollerá información de 10.000 represaliados e estará colgada na rede antes do verán

Rosa Veiga / EFE
Actualizado 01/05/2009. Os galegos poderán consultar na rede antes do verán os datos de máis de 4.000 persoas fusiladas, "paseadas", ou desaparecidas durante a Guerra Civil e o franquismo, así como de outros 10.000 represaliados. Ademais, pouco a pouco, incorporaranse á base dispoñible en Internet 15.000 documentos dixitalizados, como cartas de despedida, diarios, fotografías, grabacións ou anónimos de ameazas.

Todos estes datos comezaron a ser recompilados no ano 2006, no marco do proxecto, As vítimas, os nomes, as voces e os lugares, cun equipo formado por investigadores das tres universidades galegas e coordinado polo historiador Lourenzo Fernández Prieto.

A documentación que estará dispoñible na rede a partir do verán conta con datos individualizados da represión entre 1936 e 1940. Hai uns días o programa de investigación ampliouse, polo que nos vindeiros dous anos recompilarase información dos anos posteriores, ata 1977.

Segundo explicou o investigador Gustavo Hervella García, o proxecto inclúe 415 entrevistas "históricas, pois fixéronse a moitas persoas de case cen anos cun cuestionario común". Ademais, recolléronse documentos do Arquivo Militar de Ferrol, dos 315 rexistros civís de Galicia, 50 libros publicados sobre o tema e información procedente de colectivos locais de apoio.

Neste último caso existen exemplos como o dunha base de datos realizada por un grupo de investigadores do campus de Ourense xa accesible en Internet con detalles de cada fusilado ou desaparecido. Este completo traballo pasará a fomar parte do proxecto común a nivel galego.

Gustavo Hervella tamén confía en ampliar pouco a pouco toda a información grazas ás aportacións de coleccións privadas de cartas ou fotografías que lles entregan os familiares. "Descubrimos novos casos como o de dous irmáns de Vilagarcía entregados a familias falanxistas de Lugo tras o fusilamento dos seus pais, cando tiñan seis anos", relata o investigador.

Segundo Hervella García, a colaboración dos testigos foi "espectacular" e non polo interés de venganza senón de "restitución da memoria". "Os represaliados foron tachados de asasinos e nós evidenciamos que foron eles os asasinados e as vítimas", conclúe o experto.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++