15 de enero de 2014

Estimada Mª José ... recuerda que aunque a veces hay malas experiencias, nunca debes retroceder ni rendirte, quien persevera alcanza.
Joan Busquets i Verges. Exmaqui libertario del Berguedá 28/12/2013
"Muero contento, porque equivocado o no, muero por una idea" Manuel Barreiro dos días antes de ser fusilado 12/3/1939


lunes, 11 de mayo de 2009

Participación do Proxecto de Investigación no programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC"

O vindeiro mércores 20 de maio, o investigador Gustavo Hervella García, estará en Marín para presentar os resultados da investigación que está a desenvolver o Proxecto Interuniversitario "As vítimas, os nomes, as voces".Ditos resultados serán expostos aos alumnos do Instituto de Ensinanza Secundaria Illa de Tambo; nunha presentación enmarcada no programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", coordinado desde a Universidade de Santiago de Compostela por Luís Hervella Torrón, e coa que se pretende establecer un diálogo entre a USC e a Ensino Medio.Deste xeito, a historia da guerra civil e a represión franquista en Galicia será achegada aos rapaces e rapazas que están a estudar dito episodio e poderán debatir cos investigadores a historia do seu propio contexto.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++