15 de enero de 2014

Estimada Mª José ... recuerda que aunque a veces hay malas experiencias, nunca debes retroceder ni rendirte, quien persevera alcanza.
Joan Busquets i Verges. Exmaqui libertario del Berguedá 28/12/2013
"Muero contento, porque equivocado o no, muero por una idea" Manuel Barreiro dos días antes de ser fusilado 12/3/1939


jueves, 21 de mayo de 2009

Presentación do libro "Piñeiro contra Castelao, Castelao contra Piñeiro" o 22 de maio na Estrada, Pontevedra

A Asociación Cultural “Vagalumes” continúa as actividades de animación á lectura, logo do acto inaugural de presentación do libro de David Otero, con outra presentación dun libro dun autor veciño da bisbarra na que nace esta asociación, Xoán Carlos Garrido, e que está dedicado a coñecer máis a figura á que este ano se lle rende homenaxe con motivo das letras galegas: Ramón Piñeiro.

O libro co título “Piñeiro contra Castelao, Castelao contra Piñeiro” trata de documentar a disputa entre os protagonistas principais do galeguismo do exilio e interior que logo da Segunda Guerra Mundial, durante o ano 1945-1946, rematarán por rachar a relación entre os dous gallos nos que fendeu o nacionalismo galego e conseguintemente a evolución do nacionalismo de preguerra co que continuará baixo o franquismo organizado fundamentalmente en actividades culturais.

Neste traballo aportase grande cantidade de cartas e documentos inéditos de Ramón Piñeiro e Castelao, e sobre todo informes sobre a súa actuación que permite reconstruír a intervención práctica e as propostas teóricas destes dirixentes para comprender os termos do seu enfrontamento e rotura final.

Neste acto intervirá o autor, Xoán Carlos Garrido, e o membro da Fundación Castelao David Otero. Celebrarase o venres 22 de maio ás 20:30 na Sala de Exposicións de Caixanova.

Para máis información:


Rosa Bugallo Vecino, Presidenta da A. C. “Vagalumes”, Tlf. Contacto 610447907

Xoán Carlos Garrido Couceiro 616415109

No hay comentarios :

Publicar un comentario

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++