Amigos e amigas do IEM
CAMBIO DE DATA DA PROXECCIÓN DE “ES ESA FOTO”
Por motivos técnicos cambiamos a data de proxección do documental “Es esa foto” que anunciabamos no correo anterior. A proxección será o XOVES, 21 de maio, ás 20:30h. no mesmo lugar, Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda.da Feira, 10 baixo, Gondomar).Como vos diciamos este documental está baseado nunha investigación sobre amemoria e identidade de Héctor Castagnetto da Rosa, detido e desaparecidoo 17 de agosto de 1971 en Montevideo.
Tras a proxección haberá un coloquio co seu director Álvaro Peralta que reside, na actualidade, no Val Miñor.
Saúdos
Instituto de Estudos Miñoranos
Sinopse.: Este longametraxe documental, de producción independente, está baseada nunha investigación sobre a memoria e identidade de Héctor Castagnetto da Rosa, detido e desaparecido o 17 de agosto de 1971, en Montevideo (Uruguay). Unha procura persoa a persoa permitiu ao longo de tres años construír un relato que intenta dar conta dunha realidade complexa: os baleiros e temores que quedaron rexistrados na memoria individual e colectiva dos uruguaios, producto desta práctica del terrorismo de Estado.
A historia comeza alí, na falla de recordos que sobre o seu tío desaparecido sufre Micaela Rivero Castagnetto. Héctor foi secuestrado cando tiña 19 años e Micaela sabe que pasaba boa parte do seu tempo nos seus brazos... pero ela non posúe outra imaxe na súa cabeza máis que a dunha pequena foto carné que quedou gardada na súa casa.
O equipo documentalista procurará testemuñas e acompañará a Micaela nesa busca de memoria: familiares, amigos do barrio e compañeiros de militancia sindical e política. Cada encontro significará una pequena peza que permitirá ir compoñendo unha imaxe de Héctor e do momento histórico que lle tocou transitar.
A esta procura persoal agregase un traballo periodístico que proba a existencia de escuadróns da morte que actuaron durante o goberno de Jorge Pacheco Areco.
Gravacións de presuntos membros deses escuadróns e testemuños de protagonistas da época completan o marco histórico no que se produciu a desaparición forzada de Castagnetto.
No hay comentarios :
Publicar un comentario