15 de enero de 2014

Estimada Mª José ... recuerda que aunque a veces hay malas experiencias, nunca debes retroceder ni rendirte, quien persevera alcanza.
Joan Busquets i Verges. Exmaqui libertario del Berguedá 28/12/2013
"Muero contento, porque equivocado o no, muero por una idea" Manuel Barreiro dos días antes de ser fusilado 12/3/1939


viernes, 11 de septiembre de 2009

Recoñecemento e condolencia polo falecemento de Antonio Piñeiro Avendaño

Este pasado xoves, 10 de setembro de 2009 ven de falecer aos 90 anos o noso veciño e amigo, Antonio Piñeiro Avendaño, mariñeiro de Liméns. destacado republicano preso e torturado polo franquismo, “illado no Centro Penitenciario da Illa de San Simón”.
Antonio nacera un 26 de outubro de 1918 no lugar da Pedra do Cabezo – Espiñeira, Aldán. Veciño de Liméns, casa no mes de setembro de 1945 aos 26 anos, tendo tres fillos, dous homes e unha muller.

A esperanza republicana xurdida o 14 de abril de 1931 era truncada polo levantamento militar do 18 de xullo de 1936. A partir desta data viviuse un clima de terror e inseguridade. Precisamente a mediados daquel fatídico mes de xullo do ano 1936, aos 17 anos chega do mar á ardora, procedente de Leixoes, e é apresado no propio peirao. Dalí vai ser trasladado ao cárcere preventivo de San Simón onde estará de 1936 a 1938. Con motivo do traslado de 210 presos menores de 20 anos, será encarcerado en Vitoria durante 13 meses a finais de 1938 ata 1940, ano de traslado a Valladolid durante

9 meses. Celebrarase un falso xuizo en Pontevedra, onde será condeado a unha pena de 12 anos. Os seus cargos eran a participación en levantamentos insurxentes anteriores e na folga de 1934, cando inda non nacera ou tiña 15 anos.

Nestes últimos anos gostaba de volver a San Simón. “Isto é unha marabilla”, dicía lembrando aquela outra época de represión, chinches, piollos e insalubridade, recreando polo paseo dos buxos, aqueles paseos de liberdade arelada e comentando vivencias.

O pasado luns, 28 de agosto de 2006, data dos Mártires de Anguieiro, arredor dos actos do mes de agosto do Ano da Memoria, no Barco Hidria II, sito no Peirao do Transporte de Ría, no marco da Exposición sobre a Represión do mundo mariñeiro, ás 20, 15 horas, ao remate da charla coloquio sobre ese tema a cargo do historiador Dionisio Pereira, realizábase un merecido Acto de Recoñecemento a ANTONIO PIÑEIRO AVENDAÑO e DOLORES RODAL BLANCO

O noso benquerido Antonio ven de cruzar o umbral do tempo. Deíxanos o seu ronsel republicano de valores como a solidariedade, dignidade, liberdade, laicidade e tolerancia, espello onde nos debemos seguir mirando.

Vaia desde aquí a nosa lembranza e o noso recoñecemento eterno a unha das persoas que quedaban presentes e aos valores que el personificaba.

Sempre no recordo


Asociación Memoria Histórica 28 de Agosto - Cangas

No hay comentarios :

Publicar un comentario

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++