15 de enero de 2014

Estimada Mª José ... recuerda que aunque a veces hay malas experiencias, nunca debes retroceder ni rendirte, quien persevera alcanza.
Joan Busquets i Verges. Exmaqui libertario del Berguedá 28/12/2013
"Muero contento, porque equivocado o no, muero por una idea" Manuel Barreiro dos días antes de ser fusilado 12/3/1939

miércoles, 23 de septiembre de 2009

Homenaxe a Baena en Vigo

A Asociación Viguesa pola Memoria do 36 e a Asemblea Republicana de Vigo convídaos ao acto de lembranza-homenaxe a Xosé Humberto Baena Alonso que se celebrará o vindeiro domingo 27 de setembro ás 12:00 no cemiterio de Pereiró (Vigo)


A Asociación pola Recuperación da Memoria do 36 de Vigo e a Asemblea Republicana de Vigo convocan aos amigos e camaradas de Xosé Humberto Baena para render homenaxe á súa memoria no 34 aniversario do seu asasinato e lembrar xuntos aquel infame amencer do 27 de setembro de 1975 onde se perpetraron os derradeiros crimes de estado da dictadura franquista.

Con tal motivo, o vindeiro domingo 27 de setembro, ás 12 do mediodía, estaremos no cemiterio de Pereiró (Vigo) para reclamar Verdade, Xustiza e Reparación moral, social e xurídica para todos os que como Baena, loitaron contra a ditadura.

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++