O xoves 13 de agosto, ás 20 horas, acompañaremos como cada ano a Rogelio Arca ate o monumento que lembra na Ponte do Barco (Pedre) o asasinato a mans dos falanxistas cerdedenses do seu pai Francisco Arca Valiñas e do seu compañeiro Secundino Bugallo Iglesias, o 13 de agosto de 1936..
Con iso queremos honrar a memoria de todos os represaliados e represaliadas cerdedenses e reivindicar a actualidade dos valores democráticos e liberadores polos que morreron.
Nun acto que pretendemos sexa sinxelo e sentido, leeran uns poemas axeitados á ocasión, o noso compañeiro Calros Solla e a poeta natural da Estrada, Susana Sánchez Aríns.
A maiores, procederemos a repartir un novo exemplar do noso Boletín, que xa vai polos 22 números.
Alí vos agardamos a todos e a todas!.
Saúdos
Xunta Directiva da Asociación Ecoloxista e Cultural da Terra de Montes "Verbo Xido"
No hay comentarios :
Publicar un comentario