A exposición “Antón Alonso Ríos, O siñor Afranio” estará na Casa Museo Casares Quiroga do 18 ao 31 de agosto
Organiza Concellaría de Cultura do Concello da Coruña
“Antón Alonso Ríos, O siñor Afranio”.
Exposición biográfica baseada no libro “O siñor Afranio ou como me rispei das gadoupas da morte. Memorias dun fuxido”, trata de recuperar a traxectoria vital do mestre, escritor e primeiro deputado agrarista de Galiza, Antón Alonso Ríos “O siñor Afranio” e o roteiro que tivo que percorrer durante tres anos para fuxir da represión franquista cara ao exilio bonaerense.
Informacións xerais:
A exposición biográfica sobre o mestre galeguista, escritor e político silledense está comisariada polo historiador e biógrafo, Bieito Alonso. Colaboraron no proceso de documentación e apoio moitas persoas relacionadas dalgún xeito coa figura de Alonso Ríos e 15 colectivos culturais.
Esta expo. enmárcase dentro dun proxecto moito máis ambicioso denominado "Roteiro do Afranio" para difundor a personalidade do primeiro Deputado agrarista da historia de Galiza. que recolherá unha web biobibliografica sobre o autor; un roteiro desde Tui até a Serra da Peneda en Portugal, percorrido de Alonso Ríos desde o verán de 1936 eaté 1939, escapando das "gadoupas da morte" do Alzamento fascista e unha guía de turismo cultural e mesmo un filme documental titulado "Afranio", que recentemente foi premiado como melor documental nos Mestre Mateo.
Características:
A expo consta de 37 paineis divididos en 3 fases vitais de Alonso Ríos:dos en varias fases vitais, que a grandes liñas, relatan:
-1887-1936: O nacemento en Camporrapado-Cortegada-Silleda, a mocidade, a emigración á Arxentina e o regreso coa instauración da IIª República. Actividade como activista agrario e político galeguista.
- 1936-1939: O siñor Afranio. As peripecias que tivo que pasar fuxindo polos Montes das provincias de Pontevedra e Outense até pasar a Portugal e exiliarse en Arxentina, como esmoleiro chamado o Siñor Afranio de Amaral
- 1939-1980: Exilio definitivo en Bos Aires, onde chegará a ser o secretario xeral do Consello de Galiza, auténtico goberno galego no exilio, e o último dos patriarcas do nacionalismo histórico en desaparecer.
No hay comentarios :
Publicar un comentario