15 de enero de 2014

Estimada Mª José ... recuerda que aunque a veces hay malas experiencias, nunca debes retroceder ni rendirte, quien persevera alcanza.
Joan Busquets i Verges. Exmaqui libertario del Berguedá 28/12/2013
"Muero contento, porque equivocado o no, muero por una idea" Manuel Barreiro dos días antes de ser fusilado 12/3/1939


jueves, 12 de noviembre de 2009

A mesa redonda "La represión. Estado de la cuestión” pecha o “VII Encuentro de Investigadores sobre el franquismo”

Participará Dionisio Pereira, coordinador do Proxecto "Nomes e Voces"

Estimados/as amigos/as:

Mañá venres 13, remata o programa do “VII Encuentro de Investigadores sobre el franquismo”, organizado pola Fundación 10 de Marzo e o Departamento de Historia Contemporánea e de América da Universidade de Santiago de Compostela. A xornada estará dedicada á represión.

O encontro dará comezo 09:30 horas coa exposición dunha serie de paneis sobre represión, antes de pasar á inauguración da sesión centrada en “Cultura y opinión” a cargo de Ángel Rodríguez Gallardo, moderador, e Francisco Sevillano Calero, relator. Ás 12.00 horas dará comezo a mesa redonda que leva por título ”La represión. Estado de la cuestión”, moderada polo historiador Ricardo Gurriarán e na que participan: o investigador e coordinador do Proxecto “Nomes e Voces”, Dionisio Pereira, os historiadores Javier Rodrigo e Queralt Sole, e o Presidente da Asociación para la recuperación de la memoria histórica, Emilio Silva.Ás 14:00 procederase a clausurar o acto.

Grazas e un saúdo cordial,

Chus

No hay comentarios :

Publicar un comentario

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++