15 de enero de 2014

Estimada Mª José ... recuerda que aunque a veces hay malas experiencias, nunca debes retroceder ni rendirte, quien persevera alcanza.
Joan Busquets i Verges. Exmaqui libertario del Berguedá 28/12/2013
"Muero contento, porque equivocado o no, muero por una idea" Manuel Barreiro dos días antes de ser fusilado 12/3/1939


lunes, 16 de marzo de 2009

Conferencia da profesora Carmen Blanco sobre "Juana Capdevielle" nos encontros de "Vermellas" 16/03/2009

A escritora e profesora de literatura galega na USC, Carmen Blanco, impartirá unha conferencia sobre a represaliada Juana Capdevielle o vindeiro luns, 16 de marzo ás 19.00 h, na Facultade de Veterinaria de Lugo. A conferencia, titulada "Vida e morte da bibliotecaria Juana Capdevielle", está incluída nos encontros enmarcados no programa expositivo Vermellas.
Chamábanlles "rojas", organizada pola Vicerreitoría de Cultura da USC e na que colabora como asesor documental e histórico o Proxecto de Investigación "Nomes e Voces" dirixido polo I.P. Lourenzo Fernández Prieto, na que se analiza a represión de xénero en Galicia tras o Golpe de Estado en 1936.
Esta conferencia forma parte do estudo desenvolto por Carmen Blanco acerca da muller, tema que centra os seus numerosos ensaios e poemas publicados na seguinte selección de libros: Literatura galega da muller (Xerais, 1991), Escritoras galegas (Compostela, 1992), Libros de mulleres (Do Cumio, 1994), O contradiscurso das mulleres (Nigra, 1995), Nais, damas, prostitutas e feirantas (Xerais, 1995), Mulleres e independencia (Do Castro, 1995), El contradiscurso de las mujeres (Nigra, 1997, versión actualizada da obra homónima traducida ao castelán por Olga Novo), Luz Pozo Garza: a ave do norte (Linteo, 2002), Alba de mulleres (Xerais, 2003), Sexo e lugar (Xerais, 2006), María Mariño. Vida e obra (Xerais, 2007), e Casas anarquistas de mulleres libertarias (CNT, 2007). Xunto ao poeta Claudio Rodríguez Fer, coordina a publicación intercultural y libertaria Unión Libre. Cadernos de vida e culturas desde 1996.
A súa exposición ocuparase da figura de Juana Capdevielle San Martín (Madrid, 1905), definida por unha traxectoria vital e profesional como muller culta e progresista, casa polo civil en Madrid no ano 1936 con Francisco Pérez Carballo, brillante profesor universitario e político de Izquierda Republicana. Cando o seu home foi nomeado gobernador civil da Coruña, o matrimonio trasladouse a Galicia, e tras o levantamento militar en 1936, foi asasinado o gobernador e, con posterioridade Juana Capdevielle foi detida e encarcerada na Coruña, aparecendo morta no Km. 526 da estrada Madrid-A Coruña, no Monte da Gándara, ás aforas de Rábade (Lugo).
Fonte:Carmen Blanco
Nota ABF: Na foto co seu marido Francisco Pérez Carballo gobernador da Coruña asasinado igual que o Xeneral (detras deles) Rogelio Caridad Pita fusilado no Castelo de S. Felipe.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++