15 de enero de 2014

Estimada Mª José ... recuerda que aunque a veces hay malas experiencias, nunca debes retroceder ni rendirte, quien persevera alcanza.
Joan Busquets i Verges. Exmaqui libertario del Berguedá 28/12/2013
"Muero contento, porque equivocado o no, muero por una idea" Manuel Barreiro dos días antes de ser fusilado 12/3/1939


miércoles, 29 de octubre de 2008

Homenaxe o 25 de outubro no cemiterio de Puxeiros (Vigo)




DISCURSO DE ANTONIO VÁZQUEZ MARIÑO, leido por él mesmo no acto de LUGAR DE MEMORIA, as portas do cemiterio de Puxeiros o día 25 de outubro do 2008


Benqueridos todos e todas:


Como compoñente da Asociación Viguesa pola Memoria Historica do 36, prégobos deixedes estallar o sentimento dun cativo de sete anos, que entón era eu, pois ainda tiña esa idade cando estalou o maldito Glorioso Movimiento Nacional. Ese cativo fora nado aí embaixo no lugar da Sardomela, barrio do Sello e freguesía de Santa Mariña de Cabral, naquela concello de Lavadores, vulgarmente coñecida pola ”Rusia chiquita”.


Despois daquel funesto 18 de xullo todalas persoas que non eran aditas ó réxime, pola forza imposto, padeceron: cacheos, persecución, e chegando mesmo ó asesinato. Houbo unha represión tremenda e para que esta fora mais eficaz, nos baixos do edificio que hai preto da ponte do río Lagares, subindo a esquerda (hoxe Avda da Ponte nº 1) foi instalado un cuartel onde aloxábanse militares e falangistas. Tamén formaron un organismo por homes de algunha idade que simpatizaban co réxime franquista. Os membros deste organismo eran coñecidos polo nome de Gardas Civicos. Vestían un uniforme de cor verde escuro e tiñan a misión de facer vixilancia e informar detalladamente de todo o que sucedía o seu arredor.


A situación chegou a tal extremo que moita xente totalmente inocente e sen causa que o xustificara era recluido no cárcere da rúa do Principe, no Frontón de María Berdiales, no cuartel da Garda Civil da rúa Magallanes, no colexio de monxas do Seixo, no local da Sociedade de Labradores, tamén no Seixo e na Illa de San Simón. A represión era tan drástica que ás mulleres que daban mostras de republicanismo rapabanlle a cabeleira.


Deste feito teño que sinalár a sen par Sra. Leonor, a do forno da via, nai dos amigos: Ignacio, Fernando e Celso, que por ser progresista e de esquerdas ata a médula, tamén a raparon varias veces. Esta exemplar señora tiña por costume saír de cotío coa cabeza cuberta con un pano mouro e cando por casualidade tiña que pasar a carón dos falangistas ou da parella da Garda Civil, arrancábanlle o pano da cabeza para aldraxala, vexala e rirse dela.


Lémbrome que polas mañanciñas, ainda un na cama, escoltaba o estourido que, dende este cemiterio, producían os fusiles para dar morte da xente que era fiel a República e non comungaba coa ideoloxía fascista. Pasado algún tempo un dos meus amigos, chamado Quico, e máis eu, subiamos pola devesa que entón había para chegar ata aquí e, arrepiados, ollabamos aqueles corpos que foran acribados a balazos polo fato de fascistas asasinos da Falange Española y de las J.O.N.S. e maila Garda Civil, a do tricorne, co cualificativo de benemérita, para máis coña. De seguido ainda tiñamos a curiosidade, cousa de nenos, de observa-los cachos de chumbo que os peoxectiles, despois de furar os corpos daqueles mártires, deixaban encravados no valado.
Ó pouco encomenzaban a chegar, correndo, sen folgos, os parentes e o presenciar ós seus tirados polo chan, todos ensanguentados, co sangue ainda morno, sangue inocente, sangue mártir, comenzaban a dar berros e, rompendo a chorar votábanse enriba deles para enchelos a bicos.
¡Que espanto!...¡Meus!...¡Que espanto!


Naquel tempo, aí onde están esas florerías, (Antonio sinala coa man o lugar) había un obradoiro de canteiros onde labraban a pedra para face-los nichos deste cemiterio, e para trasportar a pedra tiñan carros de man con unha cabezalla longa e preto da punta da mesma levaba dous estrobos onde os canteiros aferraban as mans para turrar pola carga. Aqueles carros eran usados para traslada-los corpos dos asesinados ata o depósito de cadáveres que entón había dentro daquela porta do medio. (Antonio volve a sinalar coa man)


Cando espoño o que aconteceu naqueles anos de tanta saña, ven a miña mente a sufrida señora leopoldo Graña, que vivía aí detrás,(Antonio volve a sinalar o leste do cemiterio) que no mes de novembro do 36 chegou a miña casa e chamando pola miña nai, berrou: Carmiña: non me digas que hai Dios, mataron o meu Carliños. Carliños era. Carlos Veiga Graña, seu fillo, un mozo que entón tiña 19 anos, que na noite do 13 de setembro tivo unha gran lirota cos falangistas que foran a súa casa na procura do seu pai para darlle o paseo. Despois da lirota, a pai e fillo levaronos detidos. O seu pai Candido Veiga Rodríguez xa o asasinaron en Monteferro na mañanciña seguinte, e a Carlos recluirono no cárcere da rúa do Principe, de Vigo. Apenas pasados dous meses tamén o asasinaron na praia de Samil. Era a mañanciña do 17 de novembro, día que a señora Leopolda fora a laiarse perante da miña nai, sua gran amiga, para te-la posibilidade de atinxír acougo que mitigara sufrimento tan grande. Dende entón quedou no máis fondo do meu ser unha inmensa admiración e estima a tan aguerrida dona que por mor da atroz guerra tivo que padecer moitos atrancos, pois escomenzou a escasear todo, impuxeron o racionamento, as necesidades eran cada vez máis grndes e nesta situación tan extrema, Leopolda e máis cinco fillos que lle quedaron (Leopoldo, Candido. Isaac, Celso e Roberto) viviron bastantes anos, e a pesar de ter unha vida desfavorable, inxusta e cruel, endexamáis deixou de estar sempre desposta a facer ben os seus semellantes. ¡Que gran muller!


Para rematar as miñas lembranzas daquel Lavadores aldraxado, asoballado, cheo de terror, onde tanta xente inocente foi asainada, teño a obriga moral de relatar de que maneira martirizaron o noso veciño Amante Caride Rodríguez, presidente da Sociedade Agraria de Cabral e abó da nosa compañeira Amante Caride.


Na mañanciña do día 14 de setembro daquel tráxico 36 a Amante o pasearon en Monteferro xunto con Candido Veiga Rodríguez, home da señora Leopolda Graña, dispararonlles unha morea de balazos, pero, Amante, tumbado no chan, quedou con vida. É de supoñer que despois de que aqueles voitres asasinos sairon do sitio, Amante logrou erguerse e a trancas e barrancas, deu chegado a praia de Patos donde se atopou con un mariñeiro do lugar, que de súpeto e sen paraxe, foi dar coñecemento do feito ó parroco de Panzón: Jesús Espinosa Rodríguez, un represor tremendo, que na compaña de Álvaro López Lusquiños, xefe da falange de Panzón, Gerardo González Fernández, xefe da Falange da Ramallosa e Sebastián Pena, cabo da Garda Civil de Baiona, tiñan sementada de pánico toda a bisbarra do val Miñor.


Na mañá do mesmo día 14 a Amante o levaron para a vila de Baiona onde o internan no convento de monxas e o día seguinte puxeronlle unha inxección de veleno para dar cabo da súa vida.
¡Que arrepiente!...¡Que sin razón!...¡Que monstruosidade!
Así era aquel paraíso fascista.


martes, 28 de octubre de 2008

No hay comentarios :

Publicar un comentario

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++